Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 08/02/2013  ] Convocatoria SESAR de actividades de proba de sistemas aéreos pilotados a distancia (RPAS)

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Convocatoria

Programa de traballo 2010: subvencións a proxectos no eido da xestión do tráfico aéreo (ATM) e dos Bloques Funcionais de Espazo Aéreo (FABs)

Solicitantes

Proxecto conxunto SESAR

Destinatarios

Calquera entidade que responda a esta convocatoria haberá de estar constituida como consorcio e composta, alomenos, por dúas entidades legais independentes. Alomenos unha de ditas entidades será un operador de sistemas aéreos pilotados a distancia (RPAS) e outra delas terá que ser unha entidade proveedora de servizos para a navegación aérea. Isto asegurará, na medida do posible, as conexións coas autoridades reguladoras correspondentes.

Obxectivos do proxecto

Durante os próximos anos seremos testigos dun interese crecente no uso de sistemas aéreos pilotados a distancia (RPAS). Estes sistemas precisarán integrarse de maneira segura dentro do entorno da Xestión do Tráfico Aéreo. O proxecto conxunto SESAR lanza esta convocatoria para seleccionar unha serie de proxectos para a realización de actividades de proba dentro deste ámbito.

Accións previstas

Esta convocatoria busca seleccionar unha serie de proxectos para a realización de actividades de proba, incluindo actividades de ensaio de voos pre-operativos integrados, cos seguintes obxectivos:
- demostrar a maneira de integrar os RPAS nun espazo aéreo non segregado, co fin de explorar as posibilidades de integración cara 2016;
- centrarse en resultados concretos, cobrendo as brechas operativa e técnica identificadas para a integración dos RPAS nun espazo aéreo non segregado;
- capitalizar o sistema de implementación SESAR, servindo de base para captar as sinerxías, riscos e oportunidades respecto ao conxunto do programa SESAR.

Información e punto de contacto

Información: http://www.sesarju.eu/about/procurement

Contacto do proxecto conxunto SESAR
Email: info@sesarju.eu
Teléfono: +32 2 507 80 00
Fax: +32 2 507 80 01

Contacto para adxudicacións
Email: procurement@sesarju.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante