Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 25/04/2013  ] Procura de Socios para a creación do proxecto europeo: “Condicións sostibles económica e medioambientalmente de plantas de biogás a longo prazo: Marcos para criterios de proposta

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

ANCI Umbria , Asociación Nacional de Concellos italianos na Rexión de Umbria, Perugia, Italia.

Destinatarios

1. Axencias europeas que teñan o seu ámbito de actuación no nivel rexional
2. Autoridades rexionais e locais
3. Asociacións da sociedade civil

Obxectivos do proxecto

A nivel rexional, ANCI Umbria, traballa en temas relacionados coa supervisión estratéxica, a posta en funcionamento e a xestión operativa das instalacións de biogás y biomasa.
Unha parte fundamental do desenvolvemento das súas accións centrase na sensibilización da poboación que actualmente mostran signos de preocupación debido á escasa información dos medios de masas tradicionais. Considérase de gran valor que os cidadáns posúan unha información detallada e profunda en relación ás fontes de enerxía renovable, así como ás plantas de biogás e biomasa.

Accións previstas

ANCI Umbria informará, formará e aumentará a sensibilización cidadán en enerxías renovables, en plantas de biogás e de biomasa. considérase de vital importancia que os cidadáns coñezan as instalacións e que interioricen os valores económicos e medioambientais engadidos a dita actividade económica.

Prazo para a presentación de propostas

Prazo para manifestar interese polo proxecto: ata o 8 de maio de 2013
Prazo da convocatoria: ata o 8 de maio de 2013

Información e punto de contacto

Claudia Polli
Tel: +39 075 5755420.
E-mail: claudiapolli@anci.umbria.it

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (31,5 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante