Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 12/04/2013  ] Novos apoios do Premio Europeo da Enerxía para os municipios que contribúan ó desenvolvemento sostible. LOCAL ENERGY LEADERSHIP

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

A Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM) está inmersa nunha procura de socios co motivo de presentar unha iniciativa dentro do marco do Programa Europeo Enerxía Intelixente-Europa.
Esta proposta será elaborada coa meta de obter o Premio Europeo da Enerxía destinado aos concellos, ademais de difundir a importancia dista acreditación.
Os principais obxectivos son os siguientes:
1. Impartir capacitación baixo a marca europea do “Premio Europeo da Enerxía” .
2. Promover servizos de enerxía baseados no “Premio Europeo da Enerxía”.
3. Formar e reconverter a determinadas pemes en compañías de servizos enerxéticos.

Destinatarios

1. Autoridades públicas nacionais e rexionais.
2. Asociacións de pemes.
3. Axencias rexionais e locais de enerxía.
4. Administración local e autonómica.

Obxectivos do proxecto

Este proxecto aspira a promover novos modelos de negocio enfocados á eficiencia enerxética das pemes, creando unha rede en torno ó sector, ensinando actitudes orientas cara a iniciativa empresarial e refacendo o plan de negocio das pemes a través da elección dun plan enerxético.

Accións previstas

1. Actividades de formación de redes e de reunión entre as partes interesadas, a Administración Pública, as pemes, e os representantes políticos.
2. Campañas de concienciación e intercambio de boas prácticas.
3. Supervisión e avaliación dos resultados obtidos polo desenvolvemento do Premio Europeo da Enerxía.
4. Desenvolvemento de novas leis e guías públicas nos parlamentos nacionais e autonómicos, tendo como fundamento o Premio Europeo da Enerxía.
5. Acciones de apoio para introducir novos comportamentos e procedementos relacionados co Premio Europeo da Enerxía para pemes.
6. Xestión do proxecto.

Prazo para a presentación de propostas

Prazo para manifestar interés polo proxecto: ata o 12 de abril de 2013
Plazo de la convocatoria: ata o 30 de maio de 2013

Información e punto de contacto

Elsye Yaw
Tel: +32489507073
E-mail: eyaw@ucam.edu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante