Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 12/04/2013  ] Procura de socios para accións de aforro de enerxía no fogar.SAVE ( Consumidores e Produtos)

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

A Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM)

Destinatarios

1. Asociacións de consumidores a nivel europeo.
2. Asociacións de familias numerosas.
3. Organizacións sen ánimo de lucro con ampla experiencia no sector da atención aos consumidores.
4. Axencias rexionais e locais de enerxía
5. Administración local e autonómica.

Obxectivos do proxecto

A Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM) promove unha iniciativa no marco do Programa Enerxía Intelixente-Europa. Esta proposta centrarase na prioridade SAVE (consumidores e produtos) en torno a accións que guíen aos consumidores a aforrar enerxía nos fogares, modificando o seu comportamento e beneficiándose das vantaxes dos contadores intelixentes e/ou usando e adquirindo diversos produtos relacionados coa eficiencia enerxética.

Accións previstas

1. Actividades de formación de redes e de reunión entre as partes interesadas.
2. Campañas de concienciación e difusión de boas prácticas.
3. Seguimento e medición do aforro de enerxía.
4. Medidas de apoio para a introdución de novos comportamentos e tecnoloxía nos fogares.
5. Xestión do proxecto.

Prazo para a presentación de propostas

Prazo para manifestar interés polo proxecto: ata o 12 de abril de 2013
Plazo de la convocatoria: ata o 30 de maio de 2013

Información e punto de contacto

Elsye Yaw
Tel: +32489507073
E-mail: eyaw@ucam.edu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante