Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 12/04/2013  ] Novos métodos financeiros para introducir tecnoloxías innovadoras de enerxía renovable (RES) nos domicilios.ALTENER RES CONSUMERS

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

A Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM) promove unha iniciativa co gallo de promover un futuro baseado nun crecemento e desenvolvemento sostible a través da creación de novos modelos financeiros que incorporen as ventaxas das tecnoloxías innovadoras de enerxía renovable (RES) nos domicilios.

Destinatarios

1. Autoridades nacionais e rexionais.
2. Asociacións de consumidores.
3. Axencias rexionais e locais de enerxía.
4. Bancos.

Obxectivos do proxecto

Os obxectivos finais do proxecto configúranse da siguinte maneira:
1. Desenvolvemento de novos modelos financeiros que permitan ós ciudadáns comezar accións no uso das enerxías renovables sen que ditas accións implique un gasto engadido.
2. Eliminar a impresión xeralizada sobre o elevado custe das enerxías renovables para crear conciencia do seu uso, no tan só beneficioso dende un punto de vista medioambiental, senón como instrumento financeiro apropiado e que pode ser potencialmente rendible.
3. Crear unha ponte entre as pemes adicadas á eficiencia enerxética e ás enerxías renovables, o sistema bancario e os obxectivos ciudadáns, ademais de aos usuarios finais.

Accións previstas

1. Actividades de formación de redes e de reunión entre as partes interesadas.
2. Campañas de concienciación e difusión de boas prácticas.
3. Creación de novas ferramentas de inversión en tecnoloxías innovadoras de enerxía renovable (RES) para os cidadáns en colaboración co sistema bancario.
4. Avaliación da sostibilidade dos modelos propostos.
5. Xestión do proxecto.

Prazo para a presentación de propostas

Prazo para manifestar interés polo proxecto: ata o 12 de abril de 2013
Plazo de la convocatoria: ata o 30 de maio de 2013

Información e punto de contacto

Elsye Yaw
Tel: +32489507073
E-mail: eyaw@ucam.edu

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (127,81 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante