Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 19/03/2013  ] Promover o establecemento de sistemas de bombas xeotérmicas de abastecemento para a xeración de enerxía dentro da industria alimentaria.

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

Centro Tecnolóxico do Mármore e a Pedra Natural.

Destinatarios

-Axencias de Enerxía rexionais ou estatais.
-Asociacións/Federacións da industria alimentaria.
-Asociacións da industria xeotérmica.
-Manufacuras dos sistemas xeotérmicos.
-Axencias da comunicación ou da inormación especialmente relacionadas coa industria alimentaria ou coas enerxías renovables.
-Centros de investigación que realicen traballos nestes eidos.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo do proxecto é promover a implementación da enerxía xeotérmica dentro do sector da industria alimentaria, reducindo o consumo de enerxía eléctrica e procedente dos combustibles fósiles.

Accións previstas

A industria alimentaria ten unha pegada enerxética elevada. En España, o 11% da enerxía total utilizada na industria e o 4% do consumo enerxético total procede da industria alimentaria. No caso dos combustibles fósiles a porcentaxe dóbrase ata alcanzar o 22% da enerxía total utilizada na industria.
A contribución das bombas xeotérmicas pode contribuír a un aforro enerxético significativo na industria alimentaria, tanto en termos absolutos como relativos. Ademais, a enerxía xeotérmica presenta unha serie de vantaxes sobre outras enerxías renovables e en relación a outros sistemas de aforro.

Prazo para a presentación de propostas

8 abril 2013

Información e punto de contacto

Miguel Miñano - Xestor do Cluster de Pedras Naturais).
E-mail: miguel.mn@ctmarmol.es

Material Relacionado

[26/01/2017] procura de socios (12,01 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante