Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 18/03/2013  ] Asegurando a longo prazo a sustentabilidade económica e ambiental de plantas de biogás postas en marcha: marcos para os criterios de licitación.

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

Ringsted Forsyning A/S (Servizos públicos de Ringsted) é unha entidade independente provedora de servizos públicos sen ánimo de lucro, baixo a Municipalidade de Ringsted, Rexión de Selandia, Dinamarca.

Destinatarios

Autoridades públicas e locais, consultarías biogasísticas, socios con coñecementos e habilidades sobre mecanismos financeiros. Organizacións dos ámbitos da agricultura, enerxía e industria, tales como compañías de xestión de residuos urbanos ou empresas do sector alimentario e das bebidas.

Obxectivos do proxecto

Crear unha rede entre os diferentes participantes do proxecto para intercambiar coñecementos e preparar accións concretas para o desenvolvemento das plantas de biogás cun enfoque viable economicamente.

Accións previstas

O marco de referencia establécese para comezar a produción de biogás cun abano de materiais a fin de substituír o uso de cultivos bioenerxéticos e comenzar o uso do biometano para o transporte e a inxección de biometano á rede. As accións previstas son:
Elaboración de recomendacións para os documentos de licitación e os contratos de construción (empregando Ringsted modelo de proba).
Elaborar estudos de viabilidade, pero dirixidos a contratos de subministro e aplicación concretos.
Intercambio de coñecementos con respecto á planificación da fase de encargos e posta en práctica.

Prazo para a presentación de propostas

Prazo para manifestar interese polo proxecto: ata o 22 marzo de 2013.
Prazo da convocatoria: ata o 8 de maio de 2013.

Información e punto de contacto

Ringsted Forsyning A/S. Bragesvej 18, 4100 Ringsted. Dinamarca.
E-mail: info@zealanddenmark.eu
Web: http://www.ringstedforsyning.dk/ e http://www.zealanddenmark.eu/energy

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura Socios bioenerxía (21,2 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante