Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 12/03/2013  ] Energy is a friend (EF)

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

IDEEPROGETTI Soc. Coop. (consultora italiana que produce ideas para a cooperación europea na UE)

Destinatarios

Entidades públicas e privadas dos Estados membros, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Croacia e a Antiga República Iugoslava de Macedonia. Preferentemente Francia ou España.

Obxectivos do proxecto

Mellorar o aforro enerxético nos fogares a través do fomento da posta en práctica dos coñecementos sobre os sistemas de xestión de enerxía intelixentes.

Accións previstas

Procúranse dous socios para facer as seguintes tarefas (ou un só, capaz de facer ambas):

1. Accións de difusión: Difusión entre rapaces menores de 13 anos (Educación Primaria e Secundaria). Difusión entre mozos menores de 25 anos (Estudantes de bacharelato e universitarios), Difusión entre maiores de 25 anos.

2. Recollida de datos (preferentemente unha entidade local): Recollida de datos para a difusión dos sistemas de xestión de enerxía intelixente. Casas típicas locais como escenarios de uso de enerxía.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 8 de maio de 2013. Prazo para mostrar interese polo proxecto, ata o 25 de marzo de 2013.

Información e punto de contacto

Marco Meloni
marco.meloni@ideeprogetti.com
Móbil: 0039 320 14 55 323

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante