Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 20/02/2013  ] O Greater Manchester procura socios para desenvolver proxecto de eficiencia enerxética.

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

A Asociación de autoridades do Greater Manchester (AGMA) representa as 10 Autoridades locais que conforman o Greater Manchester (GM) City Region, no Noroeste de Inglaterra, RU. A AGMA ten constituídas varias “comisións” en distintas materias para facilitar a asociación entre os diferentes axentes. A Comisión medioambiental da AGMA, establecida en 2009, inclúe comisarios do sector público e privado, así como representantes académicos e da comunidade procedentes do Greater Manchester.

Destinatarios

O Greater Manchester está interesado en participar como socio en proxectos relacionados coa convocatoria IEE II SAVE, concretamente coas seguintes accións:
• Acción clave 1.1 SAVE Consumidores e Productos.
• Acción clave 1.3 SAVE Servicios para a eficiencia enerxética

Obxectivos do proxecto

Acción clave 1.1: desenvolver actividades relacionadas coa sensibilización respecto á pegada enerxética, a utilización de indicadores SMART (específicos, medibles, alcanzables, relevantes e a tempo) e o uso de produtos eficientes desde unha perspectiva enerxética, así como o reforzo do sector mediambiental baixo en carbono.
O Greater Manchester desexa explorar esta axenda con outras cidades e rexións europeas, relacionándoa de maneira especial con a política do Green Deal recentemente lanzada polo goberno británico para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios.

Accións previstas

O Greater Manchester está interesado en participar nun proxecto do programa IEE II dentro da súa acción clave 1.1 que desenvolva novos modelos e ferramentas para cumprir cós obxectivos sinalados. Algunha das accións que se poderían explorar inclúen as seguintes:
• Traballar estreitamente coas compañías enerxéticas para acelerar o desenvolvemento de indicadores SMART enfocados aos entornos mais vulnerables.
• Traballar co tecido empresarial e coas universidades para desenvolver estudos que utilicen os resultados das medicións para influír nas decisions dos consumidores.
• Distribuír o aforro enerxético mediante un programa de boas prácticas relativo ao comportamento dos consumidores.

Prazo para a presentación de propostas

08/05/2013

Información e punto de contacto

Sean Owen - Director de Estratexia Medioambiental
E-mail: s.owen@manchester.gov.uk
Tel.: +44 (0)161 2343688
----------------------------------------------------------------------------------- María González – Axente de financiamento europeo
E-mail: maria.gonzalez@neweconomymanchester.com
Tel.: +44 (0)161 2374031

Material Relacionado

[26/01/2017] procura de socios (181,38 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante