Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 06/02/2013  ] Desenvolvemento de sendas verdes para estimular o cambio de modelo dentro e entre localidades clave.

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

Border Regional Authority, Cavan, Irlanda.

Destinatarios

Autoridades locais e rexionais fronteirizas.

Obxectivos do proxecto

Mellorar a carteira de medios de transporte sustentables para reducir a dependencia dos medios de transporte privados e promover e posibilitar o cambio de modelo.

Accións previstas

Identificar e cartografar as sendas peonís e os carrís bici existentes e propostos na área transfronteiriza. Identificar e cartografar a rede de rutas e as rutas propostas que están cubertas por provedores públicos e privados de transporte. Identificar, cartografar e extrapolar a información relevante sobre os plans de ordenación territorial existentes e propostos na área transfronteiriza. Cartografar os patróns de transporte da poboación por motivos laborais e de ocio en ambos lados da fronteira empregando os datos do censo do 2011. Desenvolver un Análise de brechas sobre as accións anteriormente descritas para identificar o que é preciso para completar unha rede de transporte público e vías verdes que cubra toda a área transfronteiriza. Desenvolver unha estratexia interrexional de transporte público e sendas verdes. Crear un portal interactivo para a diseminación da información. Establecemento dun foro que abranga organismos públicos e privados e que se responsabilice da implantación da estratexia transfronteiriza.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 31 de decembro de 2013.

Información e punto de contacto

BORDER REGIONAL AUTHORITY
Corlurgan Business Park, Ballinagh Road
Cavan, Co. Cavan
Irlanda
Tlf: +353-49-4362600
Web: www.border.ie
Email: olivehannigan@border.ie

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura socios IEE (392,67 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante