Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 06/02/2013  ] Uso das enerxías renovables nas rexións fronteirizas.

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

Programa «Enerxía Intelixente para Europa» - CIP-IEE-2013

Solicitantes

Border Regional Authority, Cavan, Irlanda.

Destinatarios

Autoridades rexionais e locais fronteirizas.

Obxectivos do proxecto

Identificar e cuantificar o uso das alternativas de enerxía renovable coa participación de entidades locais e rexionais nun contexto transfronteirizo, para sintetizar a súa contribución cara unha confluencia nos obxectivos nacionais e da Unión sobre as enerxías renovables e o cambio climático.

Accións previstas

Creación dun mapa cos tipos de enerxías renovables das áreas administrativas das rexións socias do proxecto. Análise de todos os plans regulamentarios e non regulamentarios sobre enerxías renovables nas rexións socias. Cartografía do potencial das rexións para a distribución da enerxía renovable e identificar as áreas concretas que teñan unha vantaxe comparativa nun ou máis dun tipo de enerxía renovable. Identificación das barreiras existentes que inhiben o desenvolvemento do sector da enerxía renovable. Desenvolvemento dun marco monitorizador para medir o progreso do consumo de enerxías renovables. Provisión dun programa de diseminación para mellorar o ensino e as boas prácticas sobre as opcións en enerxías renovables na rexión. Desenvolvemento dun portal web central para a suba e descarga de información para as áreas socias.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 31 de decembro de 2013.

Información e punto de contacto

BORDER REGIONAL AUTHORITY
Corlurgan Business Park, Ballinagh Road
Cavan, Co. Cavan
Irlanda
Tlf: +353-49-4362600
Web: www.border.ie
Email: olivehannigan@border.ie

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura socios IEE (406,12 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante