Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 14/02/2012  ] Enerxía Intelixente Europa. Proxecto SAVE sobre o rendemento enerxético – Condado de Hampshire (Inglaterra)

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Convocatoria

IEEA 2007 Enerxía Intelixente - Europa

Solicitantes

Condado de Hampshire (Inglaterra)

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas ou ben do sector da investigación (aínda que isto non sexa un proxecto predominantemente de investigación), e que teñan interese en levar a cabo esta proposta. As organizacións poderán, por exemplo, ter experiencia ou estar interesadas en:
- executar medidas de rendemento enerxético nos edificios;
- eliminar as barreiras ao rendemento enerxético;
- organizacións cluster para proxectos de enerxía;
- modelos financeiros e empresariais para proxectos de enerxía;
- medidas de eficiencia enerxética e tecnoloxías innovadoras (para a súa execución).

Obxectivos do proxecto

1. Establecer unha masa crítica en termos de tamaño dos edificios e número de edificios necesario para acadar economías de escala para melloras na eficiencia enerxética a través dun enfoque EPC.
2. Crear un modelo para financiar medidas de eficiencia enerxética en clusters rexionais de organizacións ás cales sexa replicable.

Cós seguintes potenciais obxectivos:
- Un modelo replicable para financiar melloras de eficiencia enerxética nos clusters rexionais de organizacións para acadar economías de escala.
- Mellora do rendemento económico, e acadar un aforro en carbón, para os edificios que formen parte.
- Aforro dos costos enerxéticos para as organizacións que formen parte, liderando polo menos unha solución do custo neutral ao termo do contrato.

Accións previstas

- Análise do mercado
- Estudo piloto e execución
- Distribución e promoción

Información e punto de contacto

Lisa Finch
Energy & Environment Futures Hampshire County Council Email: Lisa.finch@hants.gov.uk Tel: +44 1962 84 50 17

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios (433,96 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante