Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 16/07/2013  ] Irmandamento de cidades co condado de Teleorman, Romanía.

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Convocatoria

Convocatoria permanente das distintas accións do Programa “Europa cos Cidadáns”

Solicitantes

Asociación EuroTeleorman, Romanía

Destinatarios

5 vilas, con entre 5.000 e 50.000 habitantes, de diferentes Estados membros da UE.

Obxectivos do proxecto

Desenvolver asociacións e relacións de amizade entre cinco vilas do condado de Teleorman e cinco vilas europeas. Os proxectos centraranse en: conferencias, encontros entre mozos, intercambios de experiencias entre autoridades locais, mozos, representantes de ONG e da sociedade civil das vilas irmandadas, no marco do Ano Europeo dos Cidadáns 2013.

Accións previstas

Organizar debates, seminarios e conferencias, e reunións non formais, sobre un dos seguintes temas:
1. A Unión Europea vista pola mocidade e o seu papel no establecemento dunha Europa democrática; desenvolvemento do sentimento de pertenza á UE da mocidade.
2. Incrementar o coñecemento sobre os valores e os dereitos dos cidadáns europeos así como das oportunidades que ofrece a Unión.
3. Diálogo intercultural ao longo do Danubio: a identidade europea, a importancia de pertencer a unha comunidade sita na conca do río Danubio.
4. Benestar dos cidadáns europeos: desenvolvemento sustentable no río Danubio.
5. Cidadáns europeos activos: intercambio de experiencias en voluntariado.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 1 de setembro de 2013. As accións terán lugar entre xaneiro e setembro de 2014.

Información e punto de contacto

Negrila Andra, Mitrea Ana Maria
E-mail: office@teleormanromania.ro
Tfno: 0040 247 317 878
Enderezo: Str. Dunarii, Nr. 178, 140047, Alexandria, Teleorman, Romanía

Material Relacionado

[26/01/2017] Pocura socios Teleorman (55,44 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante