Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 04/06/2013  ] Medida 1.1 Programa Europa cos cidadáns – Municipalidade de Telve, Italia

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Convocatoria

Convocatoria permanente das distintas accións do Programa “Europa cos Cidadáns”

Solicitantes

Municipalidade de Telve, Trentino-Alto Adigio, Italia

Destinatarios

Localidades de entre 2000 e 5000 habitantes que traballen co patrimonio cultural e musical e que procuren mellorar o seu perfil xeral desde un punto de vista europeo.

Obxectivos do proxecto

Crear unha relación de irmandamento amigable e duradeira cunha localidade europea, para promover entre a mocidade a importancia da cidadanía europea e espertar o interese polas diversas institucións da UE.

Accións previstas

1. Encontro entre as dúas localidades:
- Presentación e toma de contacto entre as dúas localidades (emails, videoconferencias, encontros) por parte dos membros da administración local.
- Toma de contacto entre as diferentes asociacións das dúas localidades irmandadas que se involucrarán no proxecto (emails, videoconferencias, etc.).
2. A mocidade coñece Europa:
- Dereitos e deberes dos cidadáns europeos a través de conferencias e encontros con expertos para fomentar a educación cívica.
- Oportunidades que ofrece a UE aos mozos.
- Participación activa dos cidadáns na vida democrática da UE en relación coas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
3.Diálogo intercultural da música tradicional:
- Intercambio de experiencias, concertos, irmandamento de músicos.

Prazo para a presentación de propostas

Para contactar co solicitante, ata o 30 de xuño de 2013.
Para remitir o proxecto, ata o 1 de setembro de 2013.

Información e punto de contacto

Lorenza Trentinaglia
E-mail: lorenza.trentinaglia@gmail.com
Tfno: 340 2726739
Enderezo: Piazza Vecchia 18, 38050 Telve (Tn) Italia

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de socios Telve (232,63 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante