Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 30/07/2014  ] Procura de socios para o proxecto “Connecting Europe” - Programa ”Europa cos cidadáns - Rede de cidades” 2014-2020

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2007-2013

Convocatoria

Convocatoria permanente das distintas accións do Programa “Europa cos Cidadáns”

Solicitantes

Municipio de Sandrigo (Italia)

Destinatarios

Localidades/municipios/concellos ou equivalentes; outros niveis de autoridades locais ou rexionais; federacións/asociación de autoridades locais; organizacións sen ánimo de lucro que representen ás autoridades locais; organizacións da sociedade civil sen ánimo de lucro. O proxecto debe involucrar municipios ou concellos de polo menos 4 países elixibles, dos cales polo menos 1 debe ser un Estado membro da UE. Os solicitantes desta procura de socios (Sandrigo, Italia) están moi interesados en poder colaborar con socios de Galicia.

Obxectivos do proxecto

O proxecto forma parte da convocatoria do programa “Europe for citizens, Strand 2 (Democratic Engagement and Civic Participatioin), measure Network of Towns - http://eacea.ec.europa.eu/europe-for-citizens_en. A idea deste proxecto é establecer unha rede de municipios, concellos e asociacións, comezando polos municipios de Sandrigo (IT) e Røst (NO) e traballando xuntos no tema común da Via Querinissima a longo prazo.
Obxectivos:
- Contribuír ao entendemento da Unión Europea, a súa historia e a súa diversidade;
- Promover a cidadanía europea e mellorar as condicións necesarias para acadar unha participación cívica e democrática a nivel da UE;
- Concienciar á cidadanía europea da riqueza das tradicións culturais e culinarias de Europa;
- Incentivar o recoñecemento mutuo e a tolerancia, e contribuír ao desenvolvemento dunha identidade europea respectuosa, dinámica e multifacética;
- Animar á promoción mutua de patrimonio tanxible e intanxible;
- Intercambiar boas prácticas.

Accións previstas

A idea é crear unha rede europea que xunte a todos os países do norte e sur de Europa polos que pasa a ruta Querini, e por tanto animar á promoción mutua do patrimonio tanxible e intanxible desta ruta. Historia, cultura, arte e tradicións culinarias mestúranse nun proxecto que integra unha ampla variedade de actividades dirixidas a diferentes grupos da sociedade civil europea. Como a ruta Querini inclúe tanto países da UE como terceiros países e cruza países do norte e do sur de Europa, cabe sinalar que o proxecto representa unha gran oportunidade para minimizar a diversidade do continente europeo. Amosarase ao longo do proxecto cómo a cultura, a historia e as tradicións culinarias poden construír uns valores comúns e compartir unhas experiencias e boas prácticas entre as diferentes comunidades presentes.
A característica principal deste tipo de proxectos é a participación activa dunha gran cantidade de cidadáns, especialmente pertencentes ás novas xeracións de europeos. Tendo en conta que o proxecto ten previsto durar un máximo de 2 anos, planéase que se financien polo menos 4 eventos (ver arquivo adxunto coa presentación do proxecto).

Prazo para a presentación de propostas

Para a procura de socios: 8 agosto 2014; para a convocatoria: 1 setembro 2014

Información e punto de contacto

Web do programa ”Europa cos cidadáns”: http://eacea.ec.europa.eu/europe-for-citizens_en

Contacto:
Angelo Mason
Angelo.mason@regione.veneto.it

Simone Miotto
Simone.miotto@regione.veneto.it

Material Relacionado

[26/01/2017] Historia e explicación do título proposto e do proxecto (353,32 Kb)
[26/01/2017] Ficha do proxecto (304,23 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante