Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 14/06/2013  ] Programa ARISTO - Health & Training Standards for Young Athletes

Programa

CULTURA

Convocatoria

Asociacións europeas no eido do deporte - EAC/S03/13

Solicitantes

Empresa Pública para a Xestión do Turismo e o Deporte de Andalucía e o Centro Andaluz de Medicina do Deporte. Consejería de Cultura y Deportes, Junta de Andalucía, España.

Destinatarios

Autoridades públicas responsables da política de deportes, universidades, federacións deportivas, organizacións relacionadas co eido do deporte, organizacións públicas de apoio médico aos deportistas.

Obxectivos do proxecto

- Creación dun programa de seguimento de mozos deportistas que avalíe a súa saúde, preveña os efectos adversos do deporte, e detecte os criterios de rendemento do deportista co fin de optimizar o adestramento.
- Obter parámetros funcionais para detectar mozos talentos no deporte.
- Levar a cabo unha breve experiencia piloto coa finalidade de avaliar os resultados do programa de seguimento creado.

Accións previstas

- Obradoiro de Intercambio transnacional coa finalidade de identificar as ferramentas e os modelos existentes que se empregan para controlar e mellorar a formación de mozos deportistas e o ambiente competitivo, co fin de garantir as mellores condiciones de saúde física e psicolóxica.
- Reunións de traballo cos diferentes socios para establecer protocolos, as ferramentas de bases do proxecto e os elementos que deben estudarse.
- Dirixir os protocolos e as ferramentas creadas no marco do proxecto.
- Publicación e diseminación dos resultados.
- Deseño dun Plan de Explotación.
- Evento de clausura do proxecto.

Prazo para a presentación de propostas

Para mostrar interese no proxecto, ata o 20 de xuño de 2013.
Para remitir o proxecto finalizado, ata o 19 de xullo de 2013.

Co-financiamento da UE: 80%
Financiamento propio ou de terceiras entidades privadas: 20%
Orzamento total estimado del proxecto: 200.000 €

Información e punto de contacto

Empresa Pública para a Xestión do Turismo e o Deporte de Andalucía
Margarita Laboisse
Telf. +34 955 04 39 08 / +34 670 94 55 53

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura socios deporte (124,48 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante