Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 30/05/2013  ] European Medieval Sports & Games Network (Ga.M.E.S.Net)

Programa

CULTURA

Convocatoria

Asociacións europeas no eido do deporte - EAC/S03/13

Solicitantes

Municipalidade de Narni, Umbria, Italia

Destinatarios

Entidades públicas e ONG. Precisaranse socios de polo menos cinco Estados membros da UE.

Obxectivos do proxecto

Desenvolver a diversidade cultural europea a través da promoción e da protección dos xogos e deportes tradicionais.
Mellorar o coñecemento sobre os diferentes tipos de xogos e deportes tradicionais en Europa, centrándose nos xogos e deportes medievais.
Diseminación en Europa dos valores de solidariedade, diversidade, inclusión e cultura, prestando especial atención ás novas xeracións.
Creación dunha rede europea que contribúa a afrontar os retos aos que se enfrontan os xogos e deportes tradicionais.
Promover os xogos e deportes tradicionais medievais como símbolos de identidade local, cultura local e patrimonio histórico.
Crear un punto de interacción ou contacto entre deportes tradicionais e deportes de masa co obxectivo de implantar o programa de cooperación.

Accións previstas

Coordinación e xestión do proxecto.
Creación dunha rede europea de xogos e deportes tradicionais.
Organización de eventos de adestramento e mostra educativos.
Creación dunha competición para os mozos estudantes.
Comunicación e difusión.

Prazo para a presentación de propostas

Para mostrar interese no proxecto, ata o 13 de xuño de 2013.
Para remitir a proposta, ata o 19 de xullo de 2013.

Información e punto de contacto

Irene Falocco
segreteria@mindsrl.it

Material Relacionado

[26/01/2017] Borrador do proxecto (78,5 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante