Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 14/06/2013  ] Procura de socios para proxecto dentro da convocatoria

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Convocatoria

Plataforma Europea para o Deseño da Innovación - 76-G-ENT-CIP-13-C-N05S00

Solicitantes

Aquitaine Développement Innovation

Destinatarios

Entidades que se queran agrupar para formar un consorcio dentro da presente convocatoria

Obxectivos do proxecto

Aquitaine Développement Innovation, a axencia rexional de innovación e desenvolvemento de Aquitaine (Suroeste de Francia), está a procurar unirse a un consorcio como socio dentro da convocatoria “Plataforma Europea para o Deseño da Innovación” (CIP), cuxo prazo de presentación de propostas conclúe o 2 de xullo de 2013.

Aquitaine Développement Innovation non pode ser coordinador do consorcio formado para este proxecto. Porén, está interesada en participar nun ou en varios dos paquetes de traballo, incluíndo como líder nalgún deles. O Departamente de Deseño da Axencia ten establecida unha ampla rede de contactos en Francia que lle facilitará mobilizar a outros actores para participar no proxecto.

Accións previstas

O Departamento de Deseño da Axencia está plenamente interesado en participar nun ou en varios aspectos da convocatoria Plataforma Europea para o Deseño da Innovación, concretamente nos seguintes eidos:
1) Paquete de traballo na promoción da innovación impulsada polo deseño;
2) Paquete de traballo sobre a plataforma de información e web;
3) Paquete de traballo no apoio á mellora das capacidades de deseño nas empresas.

Información e punto de contacto

• Departamento de Deseño Prospectivo : Isabelle Leblan, Aquitaine Développement Innovation – Directora
Tél. + 33 5 47 50 44 40 – i.leblan@aquitaine-dev-innov.com
• Apoio aos Proxectos : Rémi Vignes, Aquitaine Développement Innovation – Oficina de Proxectos Europeos
Tél. +33 5 56 15 11 85 – r.vignes@aquitaine-dev-innov.com

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (48,17 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante