Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 06/06/2013  ] Essex Design Network

Programa

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

Convocatoria

Plataforma Europea para o Deseño da Innovación - 76-G-ENT-CIP-13-C-N05S00

Solicitantes

Condado de Essex, Reino Unido

Destinatarios

Entidades legalmente constituídas e que estean radicadas nun Estado membro da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Croacia, Serbia, Montenegro, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Turquía, Albania e Israel.

Obxectivos do proxecto

Acelerar a adopción de políticas de innovación a nivel europeo, nacional e rexional, e promover un maior uso do deseño na industria europea e no sector público, coa finalidade de promover a creación de valor, a competitividade e o uso eficiente dos recursos.

Accións previstas

Organización dunha serie de eventos para fortalecer as capacidades no deseño innovador dos organismos de promoción económica e outros intermediarios.
Promoción da adopción de medidas de innovación impulsadas polo deseño en la UE e dentro dos programas nacionais dirixidos ás pemes.
Introdución da innovación impulsada no deseño das redes de negocios existentes na UE.

Prazo para a presentación de propostas

Para mostrar interese no proxecto, ata o 14 de xuño de 2013.
Para remitir o proxecto, ata o 2 de xullo de 2013.

Información e punto de contacto

Project Lead: Sarah Bell – ECC Innovation and Sector Development Manager. Tfno: +44 07917 720894 Email: sarah.bell@essex.gov.uk
Project Support: Danielle Eastlea – ECC Innovation & Sector Development Officer. Tfno: +44 07880092887 Email: danielle.estlea@essex.gov.uk
Bid Development Support: Dan Davis – ECC Bid Development Officer. Tfno: +44 07920 286410 Email: daniel.davis@essex.gov.uk

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante