Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 11/10/2013  ] Procura de proxectos no eido da convocatoria JUST/2013/DAP/AG do programa DAPHNE III.

Programa

DAPHNE III

Convocatoria

Programa específico para previr e combatir a violencia exercida sobre os nenos, os xoves e as mulleres e protexer ás víctimas e grupos de risco

Solicitantes

Instituto Navarro para a Familia e Igualdade, Comunidade Foral de Navarra, España.

Destinatarios

Entidades ou organizacións que dispoñan da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea, Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC).

Obxectivos do proxecto

Desenvolvemento das políticas comunitarias, e máis específicamente das relacionadas coa saúde pública, os dereitos humanos e a igualdade de xénero, así como de accións encamiñadas á protección dos dereitos da infancia e á loita contra a trata de persoas e a explotación sexual.

Accións previstas

O Instituto Navarro para a Familia e Igualdade quere participar como socio nun proxecto, no eido da convocatoria, especialmente nas seguintes áreas prioritarias:
- Sensibilización sobre a violencia contra as mulleres (ARVW). En particular a que afecta ás mulleres discapacitadas.
- Prevención da violencia contra os nenos, os mozos e as mulleres a través de proxectos dirixidos a promover cambios de actitude e de comportamento no campo da sexualidade (PVS). En particular, a que afecta aos nenos e nenas a través das novas tecnoloxías, medios de comunicación, videoxogos, programas de televisión, etc., en cuanto a estereotipos e contidos (violencia implícita e explícita).
- Os cativos como vítimas e/ou testemuñas de violencia nas relacións próximas o familiares (CVWV). En particular, a aplicación e os efectos dos tratamentos temperáns dos nenos vítimas.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 22 de outubro de 2013.

Información e punto de contacto

Pedro Lacunza, Instituto Navarro para la Familia e Igualdad
Tlf. +34 848 4215 83 Horario de 8 am a 15 pm (UTM +1)
E-mail: placunzc@navarra.es

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de proxectos (100,32 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante