Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Base Legal

Decisión Nº 1719/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello pola que se establece o programa “A xuventude en acción” para o período 2007-2013.

Duración

Período 2007-2013.

Obxectivos

As finalidades do programa son:

  • Promover a cidadanía activa entre os mozos, especialmente, a cidadanía europea.

  • Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia dos mozos.

  • Favorecer o entendemento mutuo entre mozos de países diferentes.

  • Mellorar a calidade dos sistemas de apoio as actividades dos mozos e a reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no eido da xuventude.

  • Favorecer a cooperación europea no eido da xuventude.

As prioridades permanentes son:

  • Cidadanía europea: implicar aos mozos no proceso de construción europea e estimular a reflexión sobre a sociedade europea e os seus valores

  • Participación dos mozos na vida democrática.

  • Diversidade cultural: loita contra o racismo e a xenofobia.

  • Inclusión de mozos con menos oportunidades (procedentes dun medio desfavorecido ou con discapacidades).

Cómpre apuntar que cada ano, o programa marca unhas prioridades anuais concretas.

Eidos de actuación

Prevense 5 accións operativas para cumprir os obxectivos:

ACCIÓN 1- XUVENTUDE CON EUROPA (PROXECTOS DE MOBILIDADE)

  • Sub-acción 1.1 Intercambios de mozos
  • Sub-acción 1.2 Iniciativas no eido da xuventude
  • Sub-acción 1.3 Proxectos relacionados cos mozos e a democracia
  • Sub-acción 1.4 Redes temáticas

ACCIÓN 2 - SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO: participación nunha actividade voluntaria no estranxeiro

ACCIÓN 3- A XUVENTUDE NO MUNDO: fomentar a cooperación con terceiros países establecendo redes, realizando intercambios e actividades transfronteirizas

  • Sub-acción 3.1 Cooperación con países veciños socios da UE
  • Sub-acción 3.2 Cooperación con outros países socios: convocatorias anuais

ACCIÓN 4- SISTEMAS DE APOIO Á XUVENTUDE

  • Sub-acción 4.1 Apoio a organizacións activas a nivel europeo no eido da xuventude
  • Sub-acción 4.2 Formación e establecemento de redes dos profesionais que traballan coa xuventude e das organizacións xuvenís
  • Sub-acción 4.3 Acordo financeiro para diversas medidas
  • Sub-acción 4.4 Proxectos que promovan a innovación e a calidade (convocatorias anuais)
  • Sub-acción 4.5 Actividades de información dirixidas a mozos e traballadores no eido da xuventude e organizacións xuvenís
  • Sub-acción 4.6 Partenariados
  • Sub-acción 4.7 Apoio ás estructuras do Programa
  • Sub-acción 4.8 Valor engadido do Programa

ACCIÓN 5- COOPERACIÓN POLÍTICA EUROPEA NO EIDO DA XUVENTUDE: intercambio de boas prácticas e diálogo estruturado entre administracións a todos os niveis, políticos e mozos.

  • Sub-acción 5.1 Encontros de mozos e responsables de políticas de xuventude
  • Sub-acción 5.2 Apoio a actividades que xeren un mellor coñecemento no eido da xuventude
  • Sub-acción 5.3 Cooperación con organizacións internacionais

Destinatarios

Mozos/as de entre 13 e 30 anos ou de entre 15 e 28, segundo as convocatorias. Concédese unha atención especial aos mozos con menos oportunidades.

Socios

A maioría das convocatorias requiren un ou máis socios trasnacionais, xa sexa dos países participantes no programa (UE-27, EEE e Turquía), países veciños socios para as accións 2, 3.1 e 5.1 (do Leste e Sueste europeo e da ribeira mediterránea), e outros países socios para as accións 2 e 3.2).

Financiamento

Orzamento total do programa ascede aos 885 millóns de euros.

O financiamento depende da acción e sub-acción (pode chegar ao 100% do custo elixible).

Comentarios

Para as accións centralizadas (1.3, 3.1, 4.3 y 5.1), que son xestionadas directamente pola Comisión Europea, existen tres convocatorias ao ano que se pechan a principios de febreiro, xuño setembro. Outras accións son obxecto de convocatorias específicas.

Para as accións descentralizadas, que son xestionadas a nivel nacional, existen cinco convocatorias que se pechan a principios de febreiro, abril, xuño, setembro e novembro.

Enlaces de Interese

Contacto

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Youth Department
BOUR 01/01
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Información xeral: youth@ec.europa.eu; +32 2 29 97824

Helpdesk de Xuventude con Europa: youthhelpdesk@ec.europa.eu
Tel.: +32 2 29 68724

Helpdesk do SVE: volunteers@ec.europa.eu
Tel.: +32 2 29 68724

Axencia Nacional do Programa Xuventude en ESPAÑA
Instituto de la Juventud
c/ José Ortega y Gasset 71
E – 28006 Madrid
Tel: (34) 91 363 77 40
Fax: (34) 91 363 76 87
E-mail: eurespal@mtas.es, sve@mtas.es
Web: http://www.injuve.es/portal.portal.action

Convocatorias

Pechadas

Resolución de 10 de xaneiro do 2012, do Instituto da Xuventude pola que se convoca a concesión de axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no eixo do programa de acción comunitario «A Xuventude en acción».

EACEA 25/09 Acción 4.1 - Apoio a organismos activos a nivel europeo no ámbito da mocidade

EACEA/22/09 –Xuventude en acción, Acción 4.6: Asociacións

Convocatoria conxunta de propostas 2009: Programa Mocidade en Acción 2007 - 2013

EACEA/12/09 Acción 4.4 — Proxectos destinados a fomentar a creatividade e a innovación no ámbito da mocidade

EACEA/05/09 Acción 3 - Mocidade no mundo: Cooperación con países socios non veciños da UE

Acción preparatoria Amicus - EAC/40/08 – AMICUS

EACEA/30/08 Mocidade en acción. Acción 4.6: asociacións

EAC 26/08 - Acción preparatoria AMICUS

EACEA 15/08 Acción 4.5.b Convocatoria de propostas de proxectos destinados a apoiar accións de información sobre as eleccións europeas de 2009 dirixidas aos mozos e aos monitores de mocidade

EACEA 31/07. Xuventude no mundo: Cooperación con países socios non veciños da UE

EACEA 20/07 Acción 4.1 Apoio a organismos activos en Europa no ámbito da xuventude

EACEA 08/07 Acción 1 - Proxectos piloto de redes temáticas

EACEA 07/07 Acción 4.4 - Proxectos que estimulen a innovación e a calidade no ámbito da Xuventude

EACEA 03/07 Acción 3.2: xuventude no mundo: cooperación con países non veciños da UE

16/03/2010 - Convocatoria da propostas 2010 - Xuventude no mundo: Cooperación con países socios non veciños da Unión Europea- EACEA/11/10

15/06/2010 - EACEA/15/10 Sistemas de Apoio á mocidade - Apoio a mobilidade e aos intercambios dos traballadores xuvenís.

24/06/2010 - Convocatoria de propostas — EACEA/16/10 Programa «Xuventude en Acción» Acción 4.6 — Asociacións

01/01/2011 - Convocatoria 2011 de Xuventude en Acción. Accións permanentes.

05/03/2011 - EACEA/09/11: Acción 3.2.- A xuventude no mundo: Cooperación con países non veciños da Unión Europea.

07/06/2011 - EACEA/17/11.-Sub-acción 4.3 — «Sistemas de apoio á xuventude».-
Mellorar a mobilidade dos traballadores xuvenís con fins de formación e o apoio que estos ofrecen aos mozos desempregados.

27/07/2011 - EACEA/13/11. Sistemas de apoio á xuventude - Asociacións

13/09/2011 - EACEA/28/11: Acción 4.1: Apoio a organismos activos a nivel europeo no eido ámbito da xuventude.

22/12/2011 - EAC/01/12 - Programa «Xuventude en Acción 2007-2013»

15/05/2012 - EACEA/15/12 «Sistemas de apoio á mocidade». Apoio á mobilidade de quen traballa no eido da mocidade.

27/06/2012 - EACEA/18/12 - Convocatorias de Propostas - Acción 4.6 Sistemas de apoio á mocidade. Asociacións

27/06/2012 - EACEA/19/12 - Convocatoria de Propostas - Sub-acción 4.4: Proxectos destinados a fomentar a innovación e a calidade

08/09/2012 - EACEA/26/12 - Acción 4.1 Apoio a organismos activos a nivel europeo no ámbito da mocidade

23/03/2013 - CONVOCATORIA DE PROPOSTAS — EACEA/11/13 Programa «A xuventude en acción»
Acción 4.5 — Promoción de actividades de información para a mocidade e ás persoas que traballan no eido da mocidade e en organizacións xuvenís.
(2013/C 85/08)

28/05/2013 - Convocatorias de Propostas - Acción 4.6 — Sistemas de apoio á xuventude — Asociacións - EACEA/06/13

29/05/2013 - Acción 4.3 — Apoio á mobilidade de quen traballa no eido da mocidade - EACEA/12/13

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante