Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREXIONAL (ATLANTIC AREA)

Duración

2014-2020

Obxectivos

Poñer en práctica solucións para responder aos desafíos rexionais no ámbito da innovación, a eficiencia dos recursos, o medio e os activos culturais, capaces de xerar unha mellor calidade de vida no territorio do Espazo Atlántico.

Eidos de actuación

  1. Promover a innovación e a competitividade.
    • Reforzar a capacidade de innovación a través da cooperación para fomentar a competitividade.
    • Promover a transferencia dos resultados da innovación para facilitar a creación de novos produtos, servizos e procesos.

  2. Promover a eficiencia dos recursos.
    • Promover as enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
    • Promover o crecemento verde, a ecoinnovación e a eficiencia medioambiental.

  3. Fortalecer os sistemas de xestión de riscos.
  4. Valorizar a biodiversidade e os activos naturais e culturais.
    • Mejorar a protección da biodiversidade e dinamizar os servizos de ecosistemas.
    • Valorizar os activos naturais e culturais para estimular o desenvolvemento económico.

Destinatarios

Os socios elixibles nos partenariados dos proxectos do Programa Espazo Atlántico inclúen unha ampla gama de entidades xurídicas conforme ao dereito público ou privado. Estes inclúen:

- Autoridades nacionais, rexionais e locais incluídos os seus departamentos e organismos públicos ou organismos equivalentes;

- Universidades, organismos de investigación e desenvolvemento;

- Organizacións sen fins de lucro.

Calquera dos organismos mencionados anteriormente pode actuar como Xefe de Fila. Requirirase que os organismos, a excepción de organizacións de sector público, proporcionen suficentes garantías de capacidade de xestión (capacidades administrativas, financeiras e técnicas) e solvencia.

As empresas de carácter industrial ou comercial con ánimo de lucro (PEME, empresas en fase de arranque...) poden participar como socios en proxectos do Espazo Atlántico, podendo beneficiarse do FEDER unicamente para os gastos relacionados con viaxes e aloxamento, así como os custos relacionados coas auditorías.

Considerando posibles conflitos de interés, unha empresa (por exemplo, unha consultora) que participe nun proxecto como socio non pode ser contratada para a prestacion de servizos aos socios do proyecto.

Financiamento

A dotación financeira do programa é de 185.366.492 euros, destes 140.013.194 derivan do FEDER.

Enlaces de Interese

Contacto

Secretariado Técnico Conjunto - atlantico.stc@ccdr-n.pt
Autoridad de Gestión - atlantico.ag@ccdr-n.pt
Tel: +351 226 086 300
Fax: +351 226 073 691
Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N)
Rua Rainha D. Estefânia, 251
4150-034 Porto, Portugal
Rua do Campo Alegre, 276 - 2º Dto
Porto, Portugal

Convocatorias

Pechadas

26/04/2016 - Interreg Espazo Atlántico

15/03/2018 - Programa Espazo Atlántico

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante