Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)

Base Legal

DECISIÓN DE EXECUCIÓN DA COMISIÓN: do 12/02/2015 pola que se aproban determinados elementos do programa de cooperación ”Interreg V A España Portugal (POCTEP) ” para optar a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional conforme ao obxectivo de cooperación territorial europea en España e Portugal.

Duración

2014-2020

Obxectivos

A estratexia de cooperación territorial de España e Portugal fundaméntase nos seguintes objetivos:



  • Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación
  • Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.
  • Promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores.
  • Protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos.
  • Mellorar a capacidade institucional.

Eidos de actuación

Los campos de actuación construídos sobre os obxectivos do POCTEP 2014-2020 son:


• Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, en concreto:


  • Mellorar a excelencia científica do Espazo de Cooperación transfronteiriza e nas liñas de investigación con potencial para ser competitivas internacionalmente.


  • Mellorar a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación e nas actividades de I+D+i máis próximas ao mercado (desenvolvemento tecnolóxico, probas de ensaio, innovación) susceptibles de ser explotadas comercialmente.


• Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, en concreto:


  • Mellorar as condicións necesarias e propicias para a aparición de novas iniciativas empresariais garantindo a súa sostibilidade e impulsando o seu crecemento.


  • Promover a competitividade naqueles sectores nos que o Espazo de Cooperación presente vantaxes competitivas.


• Promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores, e máis particularmente, promover o aumento de resiliencia territorial para os riscos naturais transfronteirizos.


• Protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos, en concreto:


  • Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza.


  • Mellorar a protección e xestión sostible dos espazos naturais.


  • Reforzar o desenvolvemento local sostible ao longo de toda a franxa fronteiriza hispano-lusa.


  • Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación.


• Mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública, consolidando novas estratexias de diálogo e interrelación, que permitan poñer en marcha novas iniciativas entre os distintos actores que operan na frontera.

Destinatarios

Universidades, entidades de ensino superior, Centros Tecnolóxicos, Institutos de Investigación, Parques Científicos e Tecnolóxicos, Administracións Públicas, empresas, Axencias de Desenvolvemento Rexional, Fundacións de Desenvolvemento e Promoción Económica, Cámaras de Comercio, Empresas, agrupacións de empresas, asociacións empresariais, Servizos de Protección Civil, Confederacións Hidrográficas, Parques Naturais e Asociacións para a defensa e xestión do Patrimonio Natural, Asociacións e organizacións da Sociedade Civil.

Financiamento

O orzamento total é de 382.583.724 euros, dos cales 288.977. 635 euros proveñen del FEDER.

Enlaces de Interese

Contacto

Secretariado Técnico Conxunto (STC)
C/ Luís Álvarez Lencero 3, Planta 3ª, Of. 13
06011 BADAJOZ (España)
Tef: (+34) 924 20 59 58

Convocatorias

Pechadas

Primeira convovatoria para a presentación de proxectos do programa de cooperación INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante