Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

INTERREG EUROPE 2014-2020

Base Legal

REGULAMENTO (UE) Non 1299/2013 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións específicas relativas ao apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao obxectivo de cooperación territorial europea

Duración

2014-2020

Obxectivos

O programa INTERREG EUROPE busca mellorar a implementación de políticas e programas de desenvolvemento rexional, especialmente os programas de Investimento para o Crecemento e o Emprego e Cooperación Territorial Europea, promovendo o intercambio de experiencias e a aprendizaxe de políticas entre os actores de relevancia rexional.


Baseándose nestas consideracións, defínense os seguintes obxectivos operativos:


  • Facilitar a aprendizaxe de políticas e a capitalización de boas prácticas a nivel europeo entre actores de relevancia rexional, especialmente en programas de implementación vinculados ao Investimento para o Crecemento e o Emprego e, cando sexa relevante, a Cooperación Territorial Europea. Para iso crearanse plataformas de aprendizaxe de políticas que proporcionen servizos e apoio ás rexións de Europa coa intención de informar e mellorar a definición e implementación das súas políticas rexionais.


  • Apoiar o intercambio de experiencias e boas prácticas entre actores de importancia rexional co obxectivo de integrar o aprendido sobre cooperación en políticas rexionais, especialmente a través dos seus programas vinculados ao Investimento para o Crecemento e o Emprego e, cando sexa relevante, a Cooperación Territorial Europea. Con este fin, o programa apoia e financia Proxectos de Cooperación Interregional entre socios de actores rexionais.

Eidos de actuación

-Eixo prioritario 1. Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
-Eixo prioritario 2. Competitividade das PEME.
-Eixo prioritario 3. Economía baixa en carbono .
-Eixo prioritario 4. Medio e eficiencia enerxética.
-Eixo prioritario 5. Asistencia técnica.

Destinatarios

Autoridades públicas locais, rexionais e nacionais.
Autoridades de xestión e corpos intermedios encargados dos programas de cooperación. territorial europea de Investimento para o Crecemento e o Emprego.
Axencias, institutos de investigación, organizacións temáticas e Ong.
Estas organizacións deben estar establecidas nalgún dos Estados Membros da UE, en Suíza ou en Noruega.

Financiamento

359 millóns de euros para o período 2014-2020 procedentes do FEDER

Comentarios

A segunda convocatoria de propostas permanecerá aberta do 5 de abril ao 13 de maio de 2016

Enlaces de Interese

Contacto

Punto de contacto europeo:
Lles Arcuriales - Entrée D, 5e étage
45 rue de Tournai
59000 Lille - FRANCE
Teléfono: +33 328 144 100
Fax: +33 328 144 109

Punto de contacto nacional:
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos
Dirección Xeral de Fondos Comunitarios
Paseo da Castelá, 162; Planta 20
28071 Madrid - ESPAÑA
María Teresa Tello Naya
E-mail: mttello@sepg.minhap.es
Teléfono: +34 91 5835339 / 554

Convocatorias

Pechadas

05/04/2016 -

INTERREG EUROPE (2ª convocatoria)

07/02/2017 - INTERREG EUROPE (3ª Convocatoria)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante