Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SAÚDE ANIMAL E DAS PLANTAS

Base Legal

Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen disposicións para a xestión dos gastos relativos á cadea alimentaria, á saúde animal e ao benestar dos animais, e relativos á fitosanidade e aos materiais de reprodución vexetal (COM 2013 327).

Duración

2014-2020

Obxectivos

- Alcanzar un alto nivel de seguridade dos alimentos e dos sistemas de produción de alimentos;


- Mellorar a situación da saúde e o benestar dos animais;


- Detectar e erradicar as pragas, e velar pola realización efectiva dos controis oficiais.

Eidos de actuación

O programa establece as medidas e os custos subvencionables en materia de sanidade animal, en referencia a medidas de emerxencia por enfermidades e á súa erradicación, control e vixilancia.


Polo que se refire á fitosanidade, a contribución financeira da Unión tamén abrangue programas de estudo para detectar a presenza de pragas así como medidas fitosanitarias de apoio aos territorios ultraperiféricos dos Estados membros, co fin de protexer a UE contra as pragas vinculadas, entre outras cousas, á globalización do comercio e ao cambio climático.



Así mesmo, prevese a posibilidade de dar apoio aos laboratorios de referencia da UE e a proxectos destinados a mellorar a eficacia e a eficiencia dos controis oficiais.

Destinatarios

O programa ten como destinatarios principais os Estados membros e as súas autoridades competentes, xa que son os principais beneficiarios da contribución financeira. Tamén ten repercusións indirectas sobre as partes interesadas, como os produtores primarios (agricultores, etc.), os demais operadores e os veterinarios, pero estas son secundarias.

Financiamento

O programa conta cun importe máximo de 1.892 millóns de euros.

As contribucións financeiras en forma de subvención serán de, como mínimo, 50.000 euros e non poden superar o 50% dos custos subvencionables, aínda que esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 75% no caso de Estados membros cunha renda nacional bruta per cápita inferior ao 90% da media comunitaria e no caso de actividades executadas conxuntamente por varios Estados membros co obxecto de controlar ou erradicar pragas ou enfermidades dos animais. Así mesmo, a subvención poderá chegar ata o 100% dos custos subvencionables cando as actividades se refiran ao control de riscos graves para a saúde da Unión, se leven a cabo en terceiros países ou sexan recoñecidas explicitamente pola Comisión Europea como “de particular importancia para a Unión”.



A contribución financeira da Unión relativa ás medidas consideradas no presente programa tamén poderá ter a forma de pagamentos voluntarios ás organizacións internacionais que traballan nos ámbitos concernentes á presente temática.

Comentarios

A Comisión poderá organizar controis in situ nos Estados membros e nos locais dos beneficiarios co fin de comprobar, en concreto:


a) a aplicación efectiva das medidas obxecto da contribución financeira da Unión;


b) a conformidade das prácticas administrativas coas normas da Unión;


c) a existencia dos xustificantes necesarios e a súa concordancia coas medidas obxecto de contribución por parte da Unión.


Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Saúde e Consumidores (DG SANCO)

Rue Breydel 4 ou Rue Froissart 101, 1040 Bruxelas - Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante