Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

SAÚDE PARA O CRECEMENTO

Base Legal

Regulamento (UE) nº 282/2014, de 11 de marzo de 2014, relativo á creación dun terceiro programa de acción da Unión no ámbito da saúde para o período 2014-2020.

Duración

2014-2020

Obxectivos

- Elaborar ferramentas e mecanismos comúns a escala da UE para facer fronte á escaseza de recursos, tanto humanos como financeiros, e facilitar a introdución da innovación nos servizos sanitarios.



- Facilitar o acceso, tamén nunha dimensión transfronteiriza, aos coñecementos médicos e a información sobre determinadas enfermidades e desenvolver solucións e orientacións comúns para mellorar a calidade da atención sanitaria e a seguridade dos pacientes.



- Desenvolver enfoques conxuntos e demostrar a súa utilidade para mellorar a preparación e coordinación fronte a emerxencias sanitarias.


Eidos de actuación

- Accións que contribúan ao desenvolvemento de sistemas de saúde innovadores, eficientes e sostibles.


- Mellora no acceso dos cidadáns a unha asistencia sanitaria máis segura e de maior calidade.


- Accións destinadas a fomentar a saúde e previr as enfermidades.


- Accións dirixidas a incrementar a protección dos cidadáns fronte ás ameazas sanitarias transfronteirizas.


Destinatarios

Organizacións con personalidade xurídica, autoridades e organismos públicos, en particular institucións de investigación e de saúde, universidades e centros de ensino superior que cumpran os seguintes criterios:


- ser non gobernamentais, sen ánimo de lucro, independentes da industria, o comercio e as empresas, e estar exentos de calquera outro conflito de interese;


- operar no ámbito da saúde pública, desempeñar un papel efectivo no proceso de diálogo civil a escala da UE e perseguir polo menos un dos obxectivos do Programa;


- actuar a escala da Unión ou polo menos na metade dos Estados membros e presentar unha cobertura xeográfica equilibrada na Unión.


Financiamento

449,4 millóns de euros.


A execución do orzamento céntrase na concesión de subvencións e a adxudicación de contratos de servizos.


Comentarios

A convocatoria do programa é anual.

Enlaces de Interese

Contacto

Dirección Xeral de Sanidade e Protección da Consumidores (DG SANCO)
Unidade C1
Edificio Jean Monnet
Despacho JMO - C5/108
Rue Alcide de Gasperi, 2920 - Luxemburgo

Ministerio de Saúde e Consumo
Oficina de Proxectos Europeos
Instituto de Saúde Carlos III
Carlos Segovia
c/ Sinesio Delgado 6, 28029 - Madrid
918 222 272
csegovia@isciii.es

Convocatorias

Pechadas

Convocatoria de propostas Saúde 2015 - HP-PJ-2015

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante