Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PERICLES 2020

Base Legal

Regulamento (UE) nº 331/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de marzo de 2014, polo que se establece un programa en materia de intercambios, asistencia e formación para a protección do euro contra a falsificación de moeda (programa Pericles 2020).

Duración

2014-2020

Obxectivos

-Previr e combater a falsificación e a fraude, mellorando así a competitividade da economía europea e garantindo a sostibilidade das finanzas públicas.




-Protexer os billetes e moedas en euros contra a falsificación e as fraudes relacionadas con ela, apoiando e complementando as medidas emprendidas polos Estados membros e axudando ás autoridades nacionais e europeas competentes nos seus esforzos para desenvolver entre elas e coa Comisión Europea unha cooperación estreita e periódica, incluíndo tamén terceiros países e organizacións internacionais. Este obxectivo medirase, entre outras cousas, mediante a efectividade da actuación polas autoridades financeiras, técnicas, con poder coercitivo e xudiciais, en función do número de falsificacións detectadas, talleres ilegais desmantelados, individuos arrestados e sancións impostas.

Eidos de actuación

-O intercambio de información, en particular mediante a organización de obradoiros, reunións e seminarios, contratacións adaptadas e intercambios de persoal das autoridades nacionais competentes e outras actividades similares.



-A asistencia técnica, científica e operativa, dirixida a desenvolver instrumentos pedagóxicos, aplicacións informáticas, desenvolvemento de instrumentos e métodos técnicos de apoio e asistencia financeira para a cooperación en operacións.



-Subvencións para financiar a compra de equipo destinado ás autoridades de loita contra a falsificación de moeda para protexer o euro contra a falsificación.

Destinatarios

Os países participantes serán os Estados membros que adoptaron o euro como moeda única. As propostas presentadas por estes Estados membros poderán incluír participantes doutros países, en caso de que a súa presenza sexa importante para a protección do euro.



Os organismos que poderán recibir financiamento da Unión conforme ao programa son as autoridades nacionais competentes dos Estados membros para a detección de billetes e moedas falsos, tal como se definen no Regulamento (CE) n.º 1338/2001.



O programa estará aberto á participación dos seguintes grupos:

-o persoal das axencias que interveñen na detección e a loita contra a falsificación de moeda (en particular as forzas de seguridade e as administracións financeiras, segundo as súas distintas atribucións no ámbito nacional);


-o persoal dos servizos de información;

-os representantes dos bancos centrais nacionais, das fábricas de moeda nacionais, dos bancos comerciais e dos demais intermediarios financeiros (especialmente en relación coas obrigas das entidades financeiras);


-os maxistrados e os xuristas especializados neste ámbito;


-calquera outro grupo de especialistas interesado (cámaras de comercio e industria ou estruturas equivalentes que poidan facilitar o acceso ás pequenas e medianas empresas, os detallistas e as empresas de transporte de fondos).




As actividades emprendidas conforme ao programa poderán ser organizadas conxuntamente pola Comisión e outros socios que posúan coñecementos técnicos adecuados, entre eles:




-os bancos centrais nacionais e o BCE;


-os Centros Nacionais de Análise (CNA) e os Centros Nacionais de Análise de Moedas (CNAM);


-o Centro Técnico e Científico Europeo (CTCE) e as Fábricas nacionais de moeda;


-Europol, Interpol e Eurojust;

-as oficinas centrais nacionais de loita contra a falsificación de moeda previstas no artigo 12 do Convenio de represión da falsificación de moeda, asinado en Xenebra o 20 de abril de 19298 , así como os demais servizos especializados na prevención, a detección e a represión da falsificación de moeda;


-os organismos especializados en materia de técnica de reprografía e autenticación, os impresores e gravadores;


-calquera outro organismo que conte con coñecementos técnicos

Financiamento

O orzamento para a execución do programa será de 7.700.000.000 euros para o período 2014-2020.



O financiamento da Unión para as accións previstas adoptará a forma de subvencións e contratación pública. A porcentaxe de cofinanciación para as subvencións concedidas con cargo ao programa non excederán o 80 % dos gastos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, a porcentaxe de cofinanciación poderá cubrir o 90 % dos gastos.

Enlaces de Interese

Contacto

Dirección Xeral de Fiscalidade e Unión Aduaneira (DG TAXUD)
Rue Joseph II 79/Josef II-straat 79.1049 Bruxelas. Bélxica
+32 229-91111

Convocatorias

Pechadas

01/02/2016 - Convocatoria para Autoridades Nacionais Competentes dentro do programa “Pericles 2020” - 2016 ECFIN 001/R6

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante