Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

HÉRCULES III

Base Legal

Regulamento (UE) No 250/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de febreiro de 2014, polo que se establece un programa para promover actividades no campo da protección dos intereses financieiros da Unión Europea (Programa Hércules III)

Duración

2014-2020

Obxectivos

-Protexer os intereses financieiros da Unión, mellorando así a competitividade da economía europea e garantindo a protección do diñeiro do contribuínte.



-Previr e combater a fraude, a corrupción e calquera outras actividades ilegais contra os intereses financieiros da Unión.


Eidos de actuación

O programa proporcionará apoio financeiro ás seguintes accións:

a) Subministración de asistencia técnica especializada ás autoridades nacionais das seguintes maneiras:



-proporcionando coñecementos específicos, equipo especializado e tecnicamente avanzado e ferramentas efectivas de tecnoloxía da información (TI) que faciliten a cooperación transnacional e a cooperación coa Comisión;



-apoiando a capacidade dos Estados membros de almacenar e destruír cigarros confiscados, así como servizos analíticos independentes para a análise dos cigarros confiscados;



-mellorando os intercambios de persoal para proxectos específicos, particularmente no campo da loita contra o contrabando e a falsificación de tabaco;



-desenvolvendo unha capacidade de tecnoloxía da información nos Estados membros e terceiros países, incrementando o intercambio de datos, desenvolvendo e subministrando ferramentas de TIC para investigacións, e supervisando as tarefas de información.



b) Organización de formación especializada e talleres de formación en análise de risco, así como conferencias, con vistas a:



-intercambiar experiencia entre as autoridades pertinentes dos Estados membros e terceiros países, así como os representantes de organizacións internacionais, incluídos os servizos especializados con funcións coercitivas; e coordinar as actividades dos Estados membros, terceiros países e organizacións públicas internacionais;




-divulgar coñecementos e apoiar as actividades de investigación de alto nivel, particularmente para unha mellor identificación do risco para os efectos de investigación;



-mellorar a cooperación entre as persoas que traballan sobre o terreo e as que realizan un traballo teórico, sensibilizando aos xuíces, maxistrados e outras profesións xurídicas sobre a protección dos intereses financeiros da Unión.



c) Calquera outra acción, disposta polos programas de traballo anuais, que sexa necesaria para alcanzar os obxectivos xerais e específicos do programa.


Destinatarios

Poderán recibir financiamento da Unión en virtude do programa os seguintes organismos:



-as administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro ou dun terceiro país, que promovan o reforzo da acción a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros desta;



-os institutos de investigación e ensino e as entidades sen ánimo de lucro, sempre que fosen establecidos e operasen como mínimo durante un ano nun Estado membro ou nun terceiro país, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros desta.


Financiamento

A dotación orzamentaria é de 110.000.000 euros en prezos correntes.



O financiamento da Unión adoptará a forma de:

- Subvencións;
-Contratación pública;

-Reembolso dos gastos pola participación en actividades con cargo aos programas a cargo dos representantes de terceiros países e de organizacións internacionais.



A adquisición de equipo non constituirá o único compoñente do acordo de subvención.



A porcentaxe de cofinanciamento para as subvencións concedidas con cargo ao programa non superará o 80% dos gastos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, definidos polo programa de traballo anual, a porcentaxe de cofinanciamento poderá chegar ao 90% dos gastos subvencionables.


Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Oficina de Loita contra a Fraude (OLAF)
Dirección D - Política
Elaboración de Políticas, Prevención da Fraude, Relacións Interinstitucionais e Exteriores, Análise Estratéxica, Informes, Operacións Conxuntas, Hércules, Pericles e Protección do Euro
Telf. +32-2-295.04.11
Rue Joseph II 30, 1000 Bruxelas (Bélxica)

Convocatorias

Pechadas

27/04/2016 -

Convocatoria de propostas 2016 - Formación para a loita contra a fraude na Unión Europea - HERCULESIII-2016-ANTI-FRAUD-TRAINING

20/06/2017 - Convocatoria de propostas 2017 - Hercules III- Formación e conferencias sobre a loita contra o fraude na UE

20/06/2017 - Convocatoria de propostas 2017 - Hercules III- Formación e estudos legáis

20/06/2017 - Convocatoria de propostas 2017 - Hercules III- Asistencia técnica para a loita contra a fraude

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante