Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FISCALIS 2020

Base Legal

Regulamento (UE) Nº 1286/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece para o período 2014-2020 un programa de acción para mellorar o funcionamento dos sistemas fiscais da Unión Europea (Fiscalis 2020) e polo que se derroga a Decisión nº 1482/2007/CE

Duración

2014-2020

Obxectivos

Potenciar o funcionamento dos sistemas fiscais no mercado interior mellorando a cooperación entre os países participantes, as súas administracións tributarias e os seus funcionarios.

Eidos de actuación

-Accións conxuntas, tales coma a celebración de seminarios e talleres; grupos de proxectos; controis bilaterais ou multilaterais en materia de cooperación administrativa; incremento das competencias dos funcionarios en materia fiscal; constitución de equipos de expertos; desenvolvemento das capacidades das administracións públicas; estudos e realización de proxectos de comunicación, entre outras.



-Construción dos sistemas de información europeos: desenvolvemento, mantemento, explotación e control de calidade dos sistemas de información europeos e dos novos sistemas establecidos ao amparo da normativa da Unión, co fin de implantar unha interconexión eficiente entre as administracións tributarias.



-Actividades de formación conxuntas: accións de formación conxuntas para apoiar as competencias e os coñecementos profesionais necesarios en materia de fiscalidade.


Destinatarios

Administracións tributarias dos Estados membros, países en vías de adhesión, países candidatos e candidatos potenciais, e países socios da Política Europea de Veciñanza.

Financiamento

O orzamento para a execución do programa a partir do 1 de xaneiro de 2014 será de 223.366.000 euros.



O apoio financeiro que preste a Unión para as accións subvencionables adoptará a forma de subvencións; contratos públicos e reembolsos dos gastos realizados polos expertos externos.


Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Fiscalidade e Unión Aduaneira (DG TAXUD)


Rue Joseph II 79,1049 Bruxelas (Bélxica)
Tel: +32 229-91111 (central)

Axencia Tributaria Española
Infanta Mercedes, 37
28020 - Madrid
Tel.: 915 837 000
Fiscalis@aeat.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante