Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

ADUANA 2020

Base Legal

Regulamento (UE) Nº 1294/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece un programa de acción para a aduana na Unión Europea para o período 2014-2020 (Aduana 2020) e polo que se derroga a Decisión nº 624/2007/CE

Duración

2014-2020

Obxectivos

Apoiar ás autoridades aduaneiras a protexer os intereses financeiros e económicos da Unión e dos Estados membros, incluída a loita contra a fraude e a protección dos dereitos de propiedade intelectual, aumentar a seguridade e a protección, protexer aos cidadáns e o medio ambiente, mellorar a capacidade administrativa das autoridades aduaneiras e reforzar a competitividade das empresas europeas.



Estes obxectivos alcanzaranse mediante a informatización, a adopción de enfoques modernos e harmonizados dos procedementos e controis aduaneiros, a facilitación do comercio lexítimo, a redución dos custos de cumprimento da normativa e a carga administrativa e, por último, a mellora do funcionamento das autoridades aduaneiras.


Eidos de actuación

-accións conxuntas, como seminarios e talleres, grupos de proxecto, análise de prácticas aduaneiras, equipos de expertos para tarefas en ámbitos específicos, accións de reforzo de capacidades, estudos, accións de comunicación e actividades de apoio en xeral;



-reforzo das capacidades informáticas: desenvolvemento, mantemento, explotación e control de calidade dos compoñentes da Unión dos sistemas europeos de información;



-desenvolvemento das competencias humanas: accións de formación comúns para apoiar as competencias e os coñecementos profesionais necesarios en materia de aduanas.


Destinatarios

Autoridades aduaneiras dos Estados membros, países en vías de adhesión, países candidatos e candidatos potenciais e países socios da Política Europea de Veciñanza.

Financiamento

522.943.000 euros.

A asignación de fondos será a seguinte:

-accións conxuntas: máximo 20%;

-reforzo das capacidades informáticas: como mínimo 75%;

-desenvolvemento das competencias humanas: máximo 5%.

O apoio financeiro que preste a Unión para as accións subvencionables adoptará a forma de subvencións, contratos públicos e reembolsos dos gastos realizados polos expertos externos.


Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Fiscalidade e Unión Aduaneira (DG TAXUD)



Rue Montoyer 59, 1000 Bruxelas (Bélxica)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante