Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO DE ASILO, MIGRACIÓN E INTEGRACIÓN

Base Legal

Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se crea o Fondo de Asilo e Migración (COM 2011 751).

Duración

2014-2020

Obxectivos

Traballar con todos os Estados membros nunha xestión integrada da migración, a través dunha cooperación práctica, dunha diseminación da información, e dunha sincronización das respostas nacionais sobre a migración. De maneira máis concreta, este fondo tratará de:

  • reforzar e desenvolver o sistema europeo común de asilo, incluída a súa dimensión exterior;

  • apoiar a migración legal cara á Unión de conformidade coas necesidades económicas e sociais dos Estados membros e fomentar a integración efectiva dos nacionais de terceiros países, incluídos os solicitantes de asilo e os beneficiarios de protección internacional;

  • desenvolver unhas estratexias de retorno equitativas e eficaces nos Estados membros, facendo fincapé na sostibilidade do retorno e a readmisión efectiva nos seus países de orixe;

  • aumentar a solidariedade e o reparto de responsabilidades entre os Estados membros, en particular cos máis afectados pola migración e os fluxos de asilo.

Eidos de actuación

Libre circulación de persoas, fluxos migratorios na UE, solidaridade e xestión da migración, retos e oportunidades da migración, eliminación das fronteiras dentro da UE, sincronización das respostas nacionais á migración.

Destinatarios

Cada Estado membro aplica este fondo mediante programas nacionais anuais que se preparan, executan e avalían de forma descentralizada coa colaboración doutras autoridades e entidades designadas para tal fin.

Financiamento

3.137,42 millóns de euros

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Asuntos de Interior (DG HOME)
Rue du Luxembourg 46, 1000 Bruxelas. Bélxica

Convocatorias

Pechadas

08/12/2016 -

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante