Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO DE SEGURIDADE INTERIOR

Base Legal

Regulamento (UE) No 513/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, polo que se establece, como parte do Fondo de Seguridade Interior, o instrumento de apoio financiero á cooperación policial, á prevención e á loita contra a delincuencia, e á xestión de crise.

Duración

Período 2014-2020

Obxectivos

  • Previr e combater a delincuencia organizada, grave e transfronteiriza, incluído o terrorismo;

  • Reforzar a coordinación e a cooperación entre as autoridades con funcións coercitivas dos Estados membros e cos terceiros países pertinentes;

  • Mellorar a capacidade dos Estados membros e da Unión para xestionar eficazmente os riscos e as crises relacionados coa seguridade e preparar e protexer ás persoas e as infraestruturas críticas contra ataques terroristas e outros incidentes relacionados coa seguridade.

Eidos de actuación

  • Accións destinadas a mellorar a cooperación policial e a coordinación entre as autoridades con funcións coercitivas, incluídos os equipos conxuntos de investigación e calquera outra forma de operación conxunta transfronteiriza, o acceso a e o intercambio de información e tecnoloxías interoperables;

  • Creación de redes de confianza, entendemento e aprendizaxe mutuos, identificación, intercambio e difusión de coñecementos, experiencias e boas prácticas, intercambio de información, constatación e previsión comúns das situacións, planificación de continxencias.

  • Actividades de análise, supervisión e avaliación, incluídos estudos e avaliacións de impacto, riscos e ameazas;

  • Actividades de sensibilización, difusión e comunicación;

  • Adquisición e/ou mellora de equipos técnicos, instalacións seguras, infraestruturas, edificios e sistemas relacionados, especialmente sistemas informáticos e os seus compoñentes, en particular para os efectos da cooperación europea en materia de ciber-delincuencia, especialmente co Centro Europeo de ciber-delincuencia;

  • Formación, educación e intercambio do persoal e de expertos das autoridades pertinentes, incluídos a formación lingüística e os exercicios ou programas conxuntos;

  • Medidas consistentes no despregamento, transferencia, experimentación e validación de novos métodos ou tecnoloxías, incluídos proxectos piloto, e medidas de seguimento dos proxectos de investigación en materia de seguridade financiados pola Unión.

Financiamento

Os recursos globais ascenden á cantidade de 1.128 millóns de euros e aplicarase un 50% para programas nacionais dos Estados membros e o 50% restante irá destinado ás accións da Unión, axudas á emerxencia e á asistencia técnica.


Asignaranse aos Estados membros, con carácter indicativo, 564 millóns de euros como segue:

  1. 30% en proporción ao tamaño da súa poboación total;

  2. 10% en proporción á extensión do seu territorio;

  3. 10% en proporción ao número de pasaxeiros e as toneladas de carga en tránsito a través dos seus portos e aeroportos internacionais;

  4. 10% en proporción ao número de infraestruturas críticas europeas designadas de conformidade coa Directiva 2008/114/CE;

  5. 40% en proporción inversa ao seu produto interior bruto (estándar de poder adquisitivo por habitante).

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Asuntos de Interior (DG HOME)
Rue du Luxembourg 46, 1000 Bruxelas. Bélxica

Convocatorias

Pechadas

15/03/2016 - Proxecto Piloto dunha Lista Schengen para o control de fronteiras - HOME/2015/ISFB/AG /MAST

08/06/2016 - Fondo de Seguridade interior: Instrumento de Fronteiras e Visados (2014-2020) - HOME/2015/ISFB/AG/ESUR

06/10/2016 - Fondo de Seguridade Interior - Policía (2014-2020) - ISFP-2016-AG-MC

27/10/2016 - Intercambio de datos do Rexistro de Datos de Pasaxeiros (PNR) entre Estados membros- ISFP-2016-AG-PNR

24/11/2016 - Axuda para a Acción da Policía: Cooperación entre os axentes da orde Silk Road Migration Route - ISFP-2016-AG-SRMR-01

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante