Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

XUSTIZA 2014

Base Legal

Regulamento (EU) No 1382/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establece o programa <> para o período de 2014 a 2020.

Duración

Período 2014-2020

Obxectivos

  • Facilitar e protexer a cooperación xudicial en materia civil e penal;

  • Apoiar e promover a formación xudicial, incluída a formación lingüística sobre terminoloxía xurídica, con miras a fomentar unha cultura xurídica e xudicial común;

  • Facilitar un acceso efectivo á xustiza para todos, incluíndo a promoción e o apoio aos dereitos das vítimas de delitos, á vez que se respectan os dereitos da defensa;

  • Protexer as iniciativas en materia de drogas no que se refire á cooperación xudicial e nos aspectos de prevención da delincuencia.

Eidos de actuación

  1. Actividades analíticas, como a recollida de datos e estatísticas; desenvolvemento de metodoloxías comúns; estudos, investigacións, análises e enquisas; avaliacións; elaboración e publicación de guías, informes e material educativo; talleres, seminarios, reunións de expertos e conferencias;

  2. Actividades de formación, como intercambios de persoal, talleres, seminarios, formación de formadores e desenvolvemento de ferramentas de formación en liña;

  3. Aprendizaxe mutua, cooperación, actividades de sensibilización e difusión, tales como a identificación e o intercambio de boas prácticas, enfoques e experiencias innovadores; organización de conferencias, campañas de información; compilación e publicación de material divulgativo sobre o programa e os seus resultados e un maior desenvolvemento do Portal Europeo de Xustiza como instrumento para mellorar o acceso dos cidadáns á xustiza;

  4. Apoio aos principais axentes cuxas actividades contribúan á consecución dos obxectivos do programa; apoio aos axentes europeos clave e ás principais redes europeas e apoio ás actividades de creación de redes a escala europea entre organismos e entidades especializados.

Destinatarios

A participación no programa estará aberta aos Estados membros, aos países do Espazo Económico Europeo, aos países candidatos, e aos países en vías de adhesión á Unión Europea. Os organismos e entidades con ánimo de lucro só poderán acceder ao programa xunto con organismos sen ánimo de lucro ou organismos públicos. A participación no programa estará aberta ás organizacións internacionais que traballen nos ámbitos cubertos por este.

Financiamento

O orzamento global para o período 2014-2020 será de 377.604.000 euros.


Asignaránse cantidades a cada obxectivo establecido da seguinte forma: 30% da dotación financeira para a mellora da cooperación xudicial; 35% para o apoio e promoción da formación xudicial; 30% para a facilitación dun acceso efectivo á xustiza e 5% para materia de drogas e cooperación xudicial.

Comentarios

As convocatorias de propostas teñen periodicidade anual. Os criterios de admisibilidade, selección e concesión para seleccionar as propostas establécense en programas anuais de traballo adoptados pola Comisión.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea, Dirección Xeral de Xustiza, Liberdade e Seguridade (DG JUST)
Unidade E4. Apoio financeiro
Oficina LX-46 7/49
Avenue du Bourget 1, 1040 Bruxelas (Bélxica)
Fax: 32-2-299 82 15
JLS-Criminal-Record@ec.europa.eu

E-mail: JLS-Criminal-Record@ec.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

Subvención de acción para apoiar a formación xudicial europea.

28/09/2015 - Formación de xuíces nacionais en materia de lexislación comunitaria de competencia e cooperación xudicial entre xuíces nacionais encargados da competencia.

29/09/2015 - Subvencións para proxectos de xustiza electrónica JUST/2015/JACC/AG/E-JU

15/06/2016 - Apoio a iniciativas do eido das políticas antidrogas - JUST-2016-AG-DRUGS

22/06/2016 - Axuda para proxectos transnacionais que promovan a cooperación xudicial en asuntos criminais - JUST-JCOO-CRIM-AG-2016

14/09/2016 - Apoio á formación xudicial europea - JUST-JTRA-EJTR-AG-2016

12/10/2016 - Apoio a proxectos nacionais e transnacionais para fomentar a cooperación xudicial en asuntos civís - JUST-JCOO-CIVI-AG-2016

26/10/2016 - Apoio a proxectos nacionais ou transnacionais de xustiza electronica (e-Justice) - JUST-JACC-EJU-AG-2016

19/12/2016 - Formación de xuíces nacionais en Dereito de competencia da UE

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante