Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1381/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establece o programa “Dereitos, Igualdade e Cidadanía” para o período de 2014 a 2020

Duración

2014-2020

Obxectivos

O obxectivo xeral do programa é contribuír a desenvolver un espazo no que se promovan, protexan e exerzan a igualdade e os dereitos das persoas contemplados nos Tratados constitutivos da Unión Europea, na Carta dos dereitos fundamentais e nos convenios internacionais de dereitos humanos que aplica a UE.
No tocante aos obxectivos específicos para a consecución deste obxectivo xeral, o programa subdivídese en dous grupos, de acordo coa dotación financeira que reciban as accións. Así, o grupo 1 de obxectivos específicos recibirá o 57% da dotación financeira e o grupo 2 de obxectivos específicos recibirá o 43%. En consecuencia, os obxectivos específicos quedan divididos do seguinte xeito:


Grupo 1 de obxectivos:
  • Promover a aplicación efectiva do principio de non discriminación por motivos de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou crenzas, discapacidade, idade ou orientación sexual.

  • Previr e combater o racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia.

  • Promover e protexer os dereitos das persoas con discapacidade.

  • Promover a igualdade entre mulleres e homes, e avanzar na integración das cuestións de xénero nas distintas políticas.

Grupo 2 de obxectivos:
  • Previr e combater toda forma de violencia contra nenos, mozos e mulleres, así como a violencia contra outros grupos de risco, en particular os grupos de risco en relacións de proximidade, así como protexer as vítimas deste tipo de violencia.

  • Promover e protexer os dereitos do menor.

  • Contribuír a garantir o máis alto nivel de protección da intimidade e dos datos persoais.

  • Promover e mellorar o exercicio dos dereitos derivados da cidadanía da Unión.

  • Permitir ás persoas, na súa condición de consumidores ou de emprendedores no mercado interior, exercer os seus dereitos derivados do Dereito da Unión, tendo en conta os proxectos financiados conforme ao Programa relativo aos consumidores.

Eidos de actuación

O programa financia exclusivamente accións con valor engadido europeo, entre outras:

  1. Actividades analíticas: recollida de datos e estatísticas; desenvolvemento de metodoloxías comúns; avaliacións; elaboración e publicación de guías, informes e material educativo; reunións de expertos e conferencias, etc.

  2. Actividades de formación: intercambios de persoal, obradoiros, seminarios, desenvolvemento de ferramentas de formación en liña ou doutro tipo de formación;

  3. Aprendizaxe mutua, cooperación, actividades de sensibilización e difusión: identificación e intercambio de boas prácticas, enfoques e experiencias innovadores; organización de revisións por homólogos e aprendizaxe mutua; campañas de información; compilación e publicación de material divulgativo sobre o programa e os seus resultados;

  4. Apoio aos principais axentes: apoio ás ONG na execución de accións con valor engadido europeo, ás principais redes a escala europea e aos servizos harmonizados de valor social; apoio aos Estados membros na aplicación do Dereito e as políticas da Unión; e apoio ás actividades de creación de redes a escala europea entre organismos e entidades especializados e entre as autoridades nacionais, rexionais e locais e as ONG, incluído o apoio por medio de subvencións para actividades ou subvencións de funcionamento.

Destinatarios

A participación no programa está aberta a todos os organismos e entidades legalmente establecidos nos Estados membros, os países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e os países candidatos, os candidatos potenciais e os países en vías de adhesión á Unión. Os organismos e as entidades con ánimo de lucro só poden acceder ao programa xunto con organismos sen ánimo de lucro ou organismos públicos. Ademais, tamén poden participar as organizacións internacionais que traballen nos ámbitos cubertos polo programa.

Financiamento

A dotación financeira para a execución do programa ascende a 439,5 millóns de euros.

Comentarios

A principios de cada ano publícase un programa anual no que se establecen as condicións e os requisitos específicos das convocatorias.

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea. DG JUST
Rue Montoyer, 59. 1049, Bruxelas. Bélxica

Convocatorias

Pechadas

Apoio a proxectos transnacionais para fortalecer as capacidades dos profesionais dos sistemas de protección da infancia e dos profesionais do dereito que representan a menores en procesos xudiciais - JUST/2015/RCHI/AG/PROF

Axudas para proxectos nacionais ou transnacionais sobre non discriminación e integración de persoas de etnia xitana. - JUST/2015/RDIS/AG/DISC

08/08/2014 - Convocatoria de subvencións destinadas a previr e combater o racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia - JUST/2014/RRAC/AG

26/09/2014 - Convocatoria de propostas para proxectos transnacionais sobre os dereitos dos nenos na Unión Europea - JUST/2014/JPPI/AG/CHIL

01/10/2014 - Convocatoria de subvencións destinadas ao apoio de proxectos transnacionais para desenvolver a capacidade dos profesionais no área dos dereitos do neno - JUST/2014/RCHI/AG/PROF

01/10/2014 - Convocatoria de proxecto(s) para unha plataforma electrónica sobre mutilación xenital feminina - JUST/2014/RPPI/AG/FGMU

14/10/2014 - Convocatoria de proxectos nacionais ou transnacionais para promover políticas de cidadanía da Unión Europea - JUST/2014/RCIT/AG/CITI

29/10/2014 - Subvencións destinadas a proxectos de apoio ás vítimas de violencia e delitos - JUST/2014/SPOB/AG/VICT

12/11/2014 - Convocatoria de proxectos transnacionais vinculados a nenos vítimas do acoso escolar - JUST/2014/RDAP/AG/BULL

27/02/2015 - Convocatoria Daphne – Proxectos transnacionais sobre violencia contra as mulleres, os mozos e os nenos vinculados a prácticas daniñas JUST/2014/RDAP/AG/HARM

23/07/2015 - Convocatoria para actividades de apoio a proxectos transnacionales para combater o acoso sexual e a violencia sexual contra mulleres e nenas.

10/08/2015 - Convocatoria de propostas de subvencións de funcionamento para 2016 aberto ás redes activas na zona UE: ”Os dereitos das persoas con discapacidade” no Marco de Asociación 2015-2017 - VP/2015/013

13/01/2016 -

Subvencións para apoiar proxectos nacionais ou transnacionais para mellorar os dereitos das vítimas da delincuencia e da violencia - JUST/2015/SPOB/AG/VICT.

01/02/2016 -

Subvencións para actividades de apoio a proxectos nacionais ou transnacionales sobre múltiples organismos e a cooperación multidisciplinar para responder á violencia contra as mulleres e/ ou nenos, e na loita contra a ausencia de denuncias. - JUST/2015/RDAP/AG/MULT & RPRT

01/02/2016 - Proxectos transnacionais para a promoción de boas prácticas en roles de xénero e para superar os estereotipos de xénero en educación, formación e no posto de traballo - JUST/2015/RGEN/AG/ROLE

22/07/2016 - Subvencións de funcionamento para 2017 ás redes activas a nivel da UE no eido: ”dereitos das persoas con discapacidade” e que teñan asinado un acordo marco de cooperación 2015-2017 - VP/2016/013

11/08/2016 - Apoio a actividades nacionais de información, concienciación e educación que persigan a prevención e a loita contra a violencia contra as mulleres - JUST/2016/RGEN/AG/VAWA

13/09/2016 - Apoio a estratexias integradas e multidisciplinares dirixidas aos nenos e nenas vítimas de violencia - REC-RDAP-CHIL-AG-2016

13/09/2016 - Apoio á capacitación en materia de dereitos dos menores e da protección do menor para profesionais de asilo e migración - REC-RCHI-PROF-AG-2016

15/09/2016 - Apoio ás autoridades dos Estados Membros na identificación e intercambio de boas prácticas para garantizar a correcta e completa execución da Decisión Marco da UE para combater o racismo e a xenofobia por vía penal - REC-RRAC-HATE-AG-2016

15/09/2016 - Apoio ao diálogo e ao intercambio de boas prácticas na promoción da tolerancia e do respecto mutuo. - REC-RRAC-RACI-AG-2016

30/09/2016 - Proxecto piloto “Europa das diversidades” 2016 - REC-PP-AG-2016

30/09/2016 - Proxecto piloto “´E-voting´: contribuíndo cun mellor uso das tecnoloxías modernas aos procedementos de voto co gallo de que sexan máis activos e democráticos” - REC-RPPI-EVOT-AG-2016

04/10/2016 - Apoio a plataformas nacionais do pobo xitano - REC-RDIS-NRCP-AG-2016

17/11/2016 - Fomentar a inclusión e a participación exitosas dos cidadáns europeos na vida civil e política dos seus países europeos de acollida - REC-RCIT-CITI-AG-2016

24/11/2016 - Formar e concienciar a mozos e mozas sobre a violencia de xénero como mecanismo para previla a idade temperá - REC-RDAP-AWAR-AG-2016

24/11/2016 - Promoción do acceso á xustiza e apoio ás vítimas de violencia de xénero e trato dado aos agresores - REC-RDAP-VICT-AG-2016

29/11/2016 - Apoio a actividades de formación sobre a reforma de protección de datos - REC-RDAT-TRAI-AG-2016

15/12/2016 - Apoio a proxectos nacionais ou transnacionais de non discriminación e integración do pobo xitano - REC-RDIS-DISC-AG-2016

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante