Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Mercado Dixital Único

Base Legal

A estratexia do Mercado Único Dixital (DSM) forma parte dunha das 10 prioridades políticas que estableceu a Comisión Europea e está desenvolta polo equipo promotor “A Connected Digital Single Market”, liderado polo Vicepresidente Andrus Ansip.

Obxectivos

  1. Conclusión prontamente das negociacións sobre as normas comúns europeas de protección de datos.
  2. Dar máis ambición á reforma que se está levando a cabo nas normas de telecomunicación.
  3. Modificar os dereitos de autor para adaptalos ás novas tecnoloxías e facelos máis simples e claros.
  4. Simplificar as normas do consumidor no comercio online.
  5. Facilitar aos emprendedores a creación das súas propias empresas.
  6. Estimular a aprendizaxe e habilidades dixitais.
  7. Permitir o desfrute do mesmo contido e servizos online con independencia do Estado membro no que se estea.

Eidos de actuación

O Mercado Único Dixital baséase en tres piares:

  • Acceso: mellorar acceso para os consumidores e empresarios aos bens e servizos dixitais en toda Europa.
  • Ambiente: crear un entorno axeitado e en igualdade de condicións para que florezan redes e servizos de innovación.
  • Economía e Sociedade: maximizar o crecemento potencial da economía dixital.

Destinatarios

Persoas e empresas.

Financiamento

Baixo esta estratexia preténdese contribuír cuns 415 mil millóns á economía europea, incentivando o crecemento, a creación de emprego, o investimento e a innovación.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

28/09/2016 - Preparatory Action: Open Knowledge Technologies: Mapping and validating knowledge - ECOKT2016

28/09/2016 - Proxecto piloto para o desenvolvemento do uso das TIC na educación. Ferramentas tecnolóxicas para rapaces con THDA ou déficit de atención.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante