Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Programa de Traballo Anual 2016 para o apoio financeiro de formación en materia de interpretación nas conferencias.

Base Legal

Decisión da Comisión de 29 de marzo de 2016 relativa á adopción do Programa de Traballo Anual 2016 para o apoio financeiro de formación en materia de interpretación nas conferencias.

Duración

Anual (2016)

Obxectivos

Como oferente dun servizo inter-institucional, a misión da DX de Interpretación é asegurar a dispoñibilidade dun número suficiente de intérpretes cualificados para permitir que as institucións da Unión Europea funcionen correctamente.
Dous grupos de actividades:
- Un programa de subvencións para universidades e outras institucións
- Un programa de bolsas de estudo para estudantes.

Eidos de actuación

O Programa contribúe a esta misión apoiando as seguintes acción no eido da interpretación:
-Promoción da calidade e diversidade lingüística na ensinanza da interpretación nas linguas oficiais da UE e dos Estados candidatos.
-Establecemento e apoio ós centros de excelencia de posgrao.
-Cooperación entre cursos de posgrao dos diferentes Estados Membros e dos Estados candidatos; un limitado número de cursos de posgrao de terceiros Estados que ofrezan idiomas particularmente interesantes para a UE poderán ser incluidos.
-Desenvolvemento de proxectos piloto innovadores.

Destinatarios

Dunha banda, universidades, institutos universitarios, consorcios e asociacións de universidades ou institutos legalmente establecidos nos Estados Membros ou nos Estados candidatos e que ofrezan ou coordinen cursos de posgrao especializados en interpretación.
Tamén asociacións, consorcios ou entidades legalmente establecidas nos Estados membros ou nos Estados candidatos que teñan como misión apoiar a cooperación e compartir boas prácticas no eido da interpretación de conferencias.
Por outra banda, para o programa de bolsas de estudo os destinatarios serán estudantes nacionais de Estados Membros enrolados nalgún tipo de formación de posgrao no eido da interpretación organizado por universidades ou institutos universitarios dos Estados Membros, de Estados candidatos ou, en casos xustificados, de terceiros Estados.

Financiamento

738.000 euros.

Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

03/05/2016 - Axudas para accións que apoien a formación en materia de interpretación en conferencias – ano académico 2016-2017

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante