Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

MECANISMO EUROPEO DE PROTECCIÓN CIVIL

Base Legal

Decisión de Execución da Comisión de 30 de novembro de 2015, pola que se adopta o Programa de Traballo Anual 2016 no marco da Decisión 1313/2013/UE do Parlamento Europeo e do Consello sobre o Mecanismo Europeo de Protección Civil.

Duración

Anual

Obxectivos

O Mecanismo Europeo de Protección Civil (“Mecanismo”) está pensado para protexer, en primeiro lugar, ás persoas, pero tamén ó medio ambiente e as propiedades, incluíndo o patrimonio cultural, de calquera tipo de desastre natural ou ocasionado pola acción do ser humano, así como tamén das consecuencias de actos de terrorismo, desastres radiolóxicos, tecnolóxicos ou medioambientais, contaminación mariña e emerxencias sanitarias agudas, que teñan lugar dentro ou fora do territorio da Unión.

Eidos de actuación

Fundamentalmente son dous:


O eido da prevención : apoiar e complementar os esforzos dos Estados Membros no eido da prevención de desastres, facendo fincapé nas áreas onde a cooperación proporciona valor engadido. Tamén apoiar ós Estados beneficiarios do IPA II (Instrumento de Pre-Adhesión II) e da Política Europea de Vencidade nos eidos de prevención de desastres e mellora da súa cooperación co Mecanismo e os seus Estados participantes. Do mesmo xeito, tamén será un eido de actuación importante a mellora dos coñecementos básicos para a prevención de desastres.


No eido da preparación (no senso de estar sempre preparado para intervir, no caso de necesidade), é importante o mantemento do Centro de Coordinación de Resposta ás Emerxencias (“Emergency Response Coordination Centre”) así como tamén a xestión e desenvolvemento dos sistemas de comunicación e información que empregan os Estados Membros e a Comisión para os fins do Mecanismo. Proporcionar formación e exercicios para o entrenamento dos efectivos de protección civil e manter o programa de intercambio de expertos, para mellorar a efectividade da cooperación transnacional a través do coñecemento e da experiencia deses expertos, que poderán dar cursos de formación no seu país de orixe ou noutros.

Destinatarios

O Mecanismo inclúe actualmente ós 28 Estados Membros da Unión, ademais de Islandia, Montenegro, Noruega, Serbia e a Antiga República Iugoslava de Macedonia. Actualmente tamén Turquía ven de asinar os acordos necesarios para formar parte do Mecanismo. Porén, as convocatorias están normalmente abertas á participación dos Estados beneficiarios do IPA II e da Política Europea de Vecindade.

Financiamento

34 917 000 euros

Comentarios


Enlaces de Interese

Convocatorias

Pechadas

18/12/2015 - Proxectos en materia de prevención e preparación en protección civil e contaminación mariña.

07/03/2016 - Exercicios do Mecanismo de Protección Civil da Unión

18/03/2016 - Capacidades para paliar deficiencias temporais en desastres extraordinarios.

30/05/2017 - Exercicios do Mecanismo de Protección Civil da Unión / Programa de Traballo de Protección Civil 2017 (Work Programme)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante