Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

PAGOS DIRECTOS AOS AGRICULTORES

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 polo que se establecen normas aplicables aos pagos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da Política Agrícola Común e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.


ORDE do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Duración

2014-2020

Obxectivos

A PAC ten por obxectivo asegurar un nivel de vida mínimo dos agricultores e ofrecer aos consumidores un abastecemento de alimentos estable, alcanzable e de calidade. O primeiro piar encárgase de garantir que os agricultores reciban as súas axudas e subvencións en forma de pagos directos e medidas de apoio á produción agrícola e ao mantemento das terras en boas condicións, tanto agrícolas como medioambientais.

Eidos de actuación

A Comisión Europea, a través da xestión de cada Estado membro, financia cada ano unha serie de accións a través dos pagos directos aos agricultores para axudalos a manter o sector agrícola nas súas respectivas rexións e poder manter un nivel de ingresos mínimos.


Co obxecto de primar as diferentes actuacións ou actividades agrícolas, cabe diferenciar os seguintes pagos e réximes de axuda:


  • Pagos para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente;


  • Pagos para os agricultores de zonas con limitacións naturais;


  • Pagos para os mozos agricultores que comecen a súa actividade agrícola;


  • Réxime de axuda asociada voluntaria;


  • Réxime simplificado voluntario para pequenos agricultores.

Destinatarios

Estas axudas da Unión Europea están dirixidas aos agricultores comunitarios e préstanse a través dunha estreita cooperación entre a Comisión, o Estado membro en cuestión e as autoridades, organismos e entidades designados por el en virtude das normas e prácticas nacionais. Os Estados membros deberán definir os criterios aos que se deben axustar os agricultores para cumprir coa súa obriga de manter a superficie agrícola nun estado axeitado para o pastoreo ou o cultivo.

Financiamento

312.735 millóns de euros.

Comentarios

A Comisión Europea ofrece este tipo de axudas con carácter anual e son os Estados membros os que se encargan de distribuílas directamente aos seus agricultores. En Galicia, o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) é o organismo pagador que se encarga de xestionar e contabilizar as axudas directas ás explotacións.

Enlaces de Interese

Contacto

Consellería de Medio Rural e do Mar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela
981 54 40 38 – 981 54 40 19
012@xunta.es

Convocatorias

Pechadas

01/06/2015 - Proxectos piloto en granxas para testar os esquemas de remuneración baseados nos resultados para a mellora da biodiversidade (RBAPS 2015).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante