Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

VIDA COTIÁ ASISTIDA POLO ENTORNO (AAL)

Base Legal

Decisión nº554/2014/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa á participación da Unión no Programa de investigación e desenvolvemento ”Vida Cotiá Asistida e Activa”, emprendido conxuntamente por varios Estados membros.

Duración

2014-2020

Obxectivos

  • Fomentar a aparición de produtos, servizos e sistemas innovadores baseados nas TIC, para mellorar a calidade de vida, a participación na sociedade e a autonomía das persoas maiores.


  • Fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación a nivel comunitario en tecnoloxías e servizos para mellorar o avellentamento na sociedade da información.


  • Crear un mercado máis grande para a industria a nivel europeo, especialmente para as pequenas e medianas empresas, e mellorar a competitividade da UE nos produtos e servizos baseados nas TIC para o avellentamento.

Eidos de actuación

  • Apoiar proxectos de investigación e innovación dirixidos ao mercado para un avellentamento activo e saudable. O financiamento levase a cabo principalmente a través de subvencións, pero tamén a través de premios, a compra pública precomercial e a contratación pública.


  • Apoiar accións de intermediación, de promoción do programa, accións de sensibilización sobre as capacidades actuais, fomentar a adopción de solucións innovadoras.


  • Apoiar accións para mellorar a calidade das propostas, os estudos de viabilidade e de seminarios. Tamén se prevé a colaboración coas rexións da Unión Europea para ampliar a participación de partes interesadas.

Destinatarios

O AAL vai dirixido a consorcios que deben incluír polo menos:


  • Un socio comercial.


  • Unha pequena e mediana empresa, que pode ser o socio comercial.


  • Unha organización de usuarios.



Só se financian aqueles consorcios que cumpran cos criterios de admisibilidade establecidos por cada Estado membro (ver puntos de contacto nacionais), aparte dos requisitos a nivel europeo:


  • Presentación dunha proposta a través do sistema electrónico da AAL antes da data límite.


  • Presentar a proposta en inglés.


  • Consorcio composto por como mínimo tres entidades legais independentes que cumpran os criterios de admisión, provenientes de tres estados asociados á AAL diferentes.


  • Tamaño do consorcio: 3 a 10 socios.

Financiamento

O AAL recibe 175 millóns de euros da Comisión Europea, 350 millóns de euros de socios industriais e 175 millóns de Estados membros. En total: máis de 700 millóns de euros para 7 anos.

Comentarios

As decisións estratéxicas e de financiamento serán adoptadas pola Asociación AAL, xestionada polos estados participantes, mentres que a Comisión Europea actuará como observador.

Enlaces de Interese

Contacto

Unidade de Xestión Central do programa


Director Dr. Karina Marcus
Rue du Luxembourg, 3 1000. Bruxelas. Bélxica
+32 (0)2 219 92 25
karina.marcus@aal-europe.eu

Puntos de contacto en España
Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo
Berta Maure
Capitán Haya 41 28071 – Madrid
91 3462540
bmaure@minetur.es

Instituto de Saúde Carlos III. Unidade de Investigación de Avaliación e Promoción da Saúde.


Ignacio Baanante Balastegui
C/ Monforte de Lemos, 5 28029 - Madrid
91 8222576
ibaanante@isciii.es

Instituto de Saúde Carlos III
Teresa Chavarría
34 91 822 2124
tchavarria@isciii.es

Convocatorias

Pechadas

26/02/2015 -

Convocatoria de propostas AAL 2015. Soluciones TIC para a autoxestión da vida diaria das persoas maiores: Vida independente e activa en casa. Fecha límite: 28 de maio de 2015 (W3 Ambient Asssisted Living Programme, 26.2.2015)

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante