Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EMPRESA COMÚN PARA O ITER E O DESENVOLVEMENTO DA ENERXÍA DE FUSIÓN (FUSION FOR ENERGY)

Base Legal

Decisión do Consello, de 27 de marzo de 2007, pola que se establece a empresa común europea para o ITER e o desenvolvemento da enerxía de fusión e pola que se lle confiren vantaxes.

Duración

A Empresa Común Europea para o ITER (reactor termonuclear experimental internacional) e o desenvolvemento da enerxía de fusión créase por un período de 35 anos (a partir do 19 de abril de 2007).

Obxectivos

A Empresa Común Europea para o ITER e o Desenvolvemento da Enerxía de Fusión ou ”Fusion for Energy” ten a súa sede en Barcelona (España). Os seus membros son o Euratom, representado pola Comisión, os Estados membros da Unión Europea e terceiros países asociados.

Esta empresa común ten un triple obxectivo:

  • contribución da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom) á Organización Internacional da Enerxía de Fusión ITER;
  • participación da Comunidade Europea ás actividades de formulación máis ampla realizadas entre Euratom e Xapón (proxectos JT-60SA, IFMIF-EVEDA e IFERC) para a rápida consecución da enerxía de fusión;
  • preparar a construción dun reactor de fusión de demostración (DEMO).

Eidos de actuación

Entre as súas actividades, a empresa común ten as tarefas de supervisar a preparación do emprazamento do proxecto ITER; achegar compoñentes, equipo, materiais e outros recursos á organización ITER; coordinar as actividades científicas e técnicas de investigación e desenvolvemento en materia de fusión, e relacionarse coa organización ITER.

Financiamento

Os recursos financeiros totais necesarios para a empresa común calcúlanse en 9 653 millóns de euros, cunha contribución de Euratom que ascenderá a 7 649 millóns de euros.

Comentarios

Aínda que esta empresa non constitúe propiamente un programa, lanza convocatorias “ad hoc” como, por exemplo, a invitación á presentación de candidaturas co obxecto de elaborar unha lista de expertos independentes que acheguen coñecementos especializados a ”Fusion for Energy”.

Enlaces de Interese

Contacto

FUSION FOR ENERGY
c/ Josep Pla, nº 2
Torres Diagonal Litoral
Edificio B3
08019 Barcelona
Spain
Teléfono: +34 93 320 1800
Fax: +34 93 489 75 37

Para información xeral, contactar con info@f4e.europa.eu
Para información para a prensa, contactar con press@f4e.europa.eu
Para información de recursos humanos, contactar con hr-infodesk@f4e.europa.eu
Para información sobre a páxina web, contactar con webmaster@f4e.europa.eu
Para información a estudantes, contactar con studentships@f4e.europa.eu

Convocatorias

Pechadas

Manifestacións de interese para a elaboración dunha lista de expertos que aporten coñecementos especializados a ”Fusion for Energy”

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante