Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

IGUALDADE DE XÉNERO E CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Base Legal

Memorandum of Understanding on the Implementation of the EEA Financial Mechanism 2009-2014

Regulation on the implementation of the European Economic Area (EEA) Financial Mechanism 2009-2014

Duración

2013-2016

Obxectivos

O programa de Igualdade de Xénero e Conciliación ten como finalidade a longo prazo a contribución á redución das desigualdades económicas e sociais no Espazo Económico Europeo por medio da promoción dos seguintes obxectivos:

1. Promoción da igualdade entre mulleres e homes na vida laboral
- emprendemento feminino e autoemprego
- redución da brecha salarial
- inclusión socio-laboral de mulleres de grupos vulnerables (especialmente inmigrantes e xitanas) e mulleres rurais

- equilibrio entre mulleres e homes en postos de decisión e de consellos de administración das empresas
- incremento das taxas de actividade e emprego das mulleres

2. Conciliación da vida laboral e familiar para mulleres e homes

- Promoción das políticas de emprego e sociais que concilien traballo e vida familiar e persoal, así coma o establecemento de entendementos para compartir responsabilidades entre mulleres e homes nas tarefas do fogar e coidado de dependentes (corresponsabilidade)

3. Loita contra a violencia de xénero
- Apoio á mellora da lexislación, políticas, programas e medidas para previr a violencia de xénero

4. Xeneralización das cuestións de xénero a través das políticas e as prácticas

- O Programa pretende asegurar que os actores normalmente involucrados no deseño de políticas, consideren de forma sistemática e consistente, a promoción da igualdade entre mulleres e homes nos seus traballos. Isto inclúe o sector educativo e laboral

5. Impulso das relacións bilaterais entre España e Noruega

- Así mesmo, o Programa pretende reforzar as relacións bilaterais entre España e Noruega, alentando a realización de proxectos en asociación entre os dous países, o cal redundará na obtención de valor engadido para os dous países e la posibilidade de continuar coas futuras cooperacións

Eidos de actuación

Inserción socio-laboral de mulleres con dificultades; fomento do emprendemento e autoemprego feminino; redución da brecha salarial; violencia de xénero; educación en igualdade; conciliación; formación específica e promoción profesional de mulleres de alto potencial

Destinatarios

As mulleres, especialmente as máis vulnerables (menores de idade, maiores de 65 anos, rurais, inmigrantes, xitanas ou vítimas de violencia de xénero), pero tamén os homes, xa que este programa intenta reducir as desigualdades entre ambos e mellorar a conciliación da vida laboral e familiar

Socios

Defensor da Igualdade e a Antidiscriminación de Noruega (LDO)

Financiamento

10.191.250 €

Comentarios

Memorandum
http://www.dgfc.sgpg.meh.es/sitios/dgfc/es-ES/noticias/Documents/memorandum_2009_2014.pdf

Regulation http://www.eeagrants.spain.msssi.gob.es/docsRelevantes/pdf/Regulation.pdf

Enlaces de Interese

Contacto

Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade – Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade (operador del programa):
Paseo del Prado, 18-20. Telf. 91 596 10 00

Instituto de la Muller:
Rúa da Condesa do Venadito, 34, 28027 Madrid. Telf. 914 52 85 00

Convocatorias

Pechadas

10/02/2014 - Convocatoria de propostas dedicada a proxectos españois que integren a igualdade de xénero e a conciliación da vida profesional e familiar do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEE).

30/01/2018 -

mso-bidi-theme-font:minor-latin;color:black”>Participación equitativa nos
espazos públicos e equilibrio entre o traballo e a vida dos pais e coidadores

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante