Programa
URBACT III
Base Legal
O Regulamento que regula URBACT III é UE 1299/2013 que no seu Artigo 2 (3) b di que ”os FEDER apoian a cooperación interrexional para fortalecer a eficiencia da política de cohesión na promoción do intercambio de experiencias concernentes á identificación, transferencia e diseminación de boas prácticas en materia de desenvolvemento urbano, incluíndo a relación urbano-rural.
O potencial alcance temático de URBACT III proporciónase polos 11 obxectivos temáticos descritos no Articulo 9 do Regulamento de Disposicións Comúns UE 1303/2013. Unha prioridade de investimento especifica foi creada para URBACT baixo o obxectivo 11 ”Incrementar a capacidade institucional e a administración pública eficiente” como dispón o Regulamento UE 1299/2013 (ETC) Articulo 7 (1) (c ) (i).
Duración
2014-2020
Obxectivos
Tras o éxito dos programas URBACT I e II, desenvolveuse URBACT III (2014-2020) para continuar coa promoción do desenvolvemento urbano integrado e sustentable e do cumprimento da estratexia Europa 2020.
O programa URBACT III organízase ao redor de 4 grandes obxectivos:
- Capacidade para a aplicacion de políticas: Mellorar a capacidade das cidades para xestionar políticas urbanas sustentables e boas prácticas dunha maneira integrada e participativa.
- Deseño de políticas: Mellorar o deseño de políticas urbanas sustentables e boas practicas.
- Implementación de políticas: Mellorar a implementación de políticas de estratexias e accións integradas e sustentables nas cidades.
- Xerando e compartindo coñecemento: Garantir que funcionarios e decisores en todos os niveis teñan acceso ao coñecemento e compartan know-how sobre todos os aspectos de desenvolvemento urbano sustentable para mellorar as políticas de desenvolvemento urbano.
Eidos de actuación
Para alcanzar estes obxectivos, URBACT III desenvolve tres tipos de intervencións:
- Intercambios transnacionales
- Mellora de capacidades
- Capitalizacion e diseminación
Destinatarios
Os principais participantes son funcionarios, xestores urbanos, representantes electos e partes interesadas doutras axencias públicas, o sector privado e da sociedade civil.
Financiamento
96,3 millóns de euros
Contacto
Contacto
Tel: + 33 1 85 58 61 87
5, Rue Pleyel
93283 Saint Denis
France
HEAD OF SECRETARIAT
Emmanuel MOULIN
e.moulin@urbact.eu
Convocatorias
Pechadas
30/03/2015 - Propostas para a creación de 20 Action-Planning Networks
22/03/2016 - Implementación de redes de cidades URBACT III
05/12/2016 - Boas prácticas URBACT
13/02/2019 - Convocatoria de accións de planificación de redes