Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego.


Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.



Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Duración

2014-2020

Obxectivos

O obxectivo xeral de fortalecer a cohesión socioeconómica, territorial e medioambiental da UE e corrixir os desequilibrios entre os niveis de desenvolvemento das rexións que a compoñen pódese dividir nos seguintes obxectivos específicos:


  • Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante a mellora das infraestruturas de I+D+i, o fomento de centros de competencia, de investigación e de ensino superior;


  • Mellorar o acceso, o uso e a calidade das TIC a través da implantación da banda ancha, da difusión de redes de alta velocidade, do respaldo ás tecnoloxías emerxentes e redes para a economía dixital e do reforzo das aplicacións tecnolóxicas para a administración e a sanidade electrónicas;


  • Avanzar na competitividade das pemes por medio da promoción do espírito empresarial impulsando a creación de novas empresas e viveiros de empresas, da aplicación de novos modelos empresariais para a internacionalización das pemes e do apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais, así como para implicarse nos procesos de innovación;


  • Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono, grazas ao fomento da produción e distribución de enerxía derivada de fontes renovables, a eficiencia enerxética, a xestión intelixente da enerxía, o desenvolvemento de sistemas de distribución intelixentes e o fomento da mobilidade urbana multimodal sostible;


  • Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, a través do apoio a un investimento específico para este tema, incluído para desenvolver sistemas de xestión de catástrofes;


  • Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos co investimento no sector dos residuos e da auga e co fomento do uso de tecnoloxías innovadoras para mellorar a protección medioambiental;


  • Promover o transporte sostible e eliminar os obstáculos nas infraestruturas de rede fundamentais mediante o apoio a un espazo único europeo de transporte multimodal, a mellora da mobilidade rexional e interrexional, o desenvolvemento de sistemas de transporte respectuosos co medio ambiente e a rehabilitación dunha rede ferroviaria global e de alta calidade;


  • Fomentar a sostibilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral grazas ao desenvolvemento de viveiros de empresas, de axuda ao investimento a favor do traballo por conta propia e da creación de micro-empresas; apoiar a reconversión das rexións industriais en declive e mellorar a accesibilidade a recursos naturais concretos; incentivar o desenvolvemento local e o investimento en infraestruturas destinadas a servizos de emprego;


  • Incentivar a inclusión social e a loita contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación mediante o investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e que reduzan as desigualdades sanitarias, mediante unha mellora do acceso aos servizos sociais, culturais e recreativos e mediante a prestación de axuda ás empresas sociais;


  • Investir en educación, aprendizaxe permanente e formación superior e profesional para a adquisición de capacidades, a través do desenvolvemento de infraestruturas de educación e formación;


  • Mellorar a capacidade institucional e a eficiencia da administración pública.


De entre estes, Galicia centrarase en:


  • Eixo prioritario 1: Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e innovación.


  • Eixo prioritario 2: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso a estas.


  • Eixo prioritario 3: Mellorar a competitividade das PYMEs


  • Eixo prioritario 4: Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.


  • Eixo prioritario 5: Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos.


  • Eixo prioritario 6: Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos.


  • Eixo prioritario 9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.


  • Eixo prioritario 10: Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.


  • Eixo prioritario 13: Asistencia técnica.

Eidos de actuación

O FEDER centra os seus investimentos en catro áreas prioritarias clave, que se coñece como “concentración temática”:


  • Innovación e investigación;


  • Programa dixital;


  • Apoio ás pemes;


  • Economía de baixas emisións de carbono.


Concretamente, o FEDER concederá axudas ás seguintes actividades:


  • Investimentos produtivos que contribúan a crear e preservar postos de traballo de longa duración, mediante axuda directa e investimento en pemes;


  • Investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns nos eidos da enerxía, do medio ambiente, do transporte e das TIC;


  • Investimentos en infraestrutura social, sanitaria, de investigación, de innovación empresarial e educativa;


  • Investimentos en bens de equipo e infraestruturas de pequena envergadura, incluídas as culturais e de turismo sostible, servizos de empresas, axudas a organismos de investigación e innovación e investimento en tecnoloxía e investigación aplicadas nas empresas;


  • Interconexión en rede, cooperación e intercambio de experiencias entre autoridades rexionais, locais, urbanas e outras autoridades públicas, interlocutores económicos e sociais;


  • En virtude do obxectivo de cooperación territorial europea, o FEDER pode axudar a compartir instalacións, recursos humanos e todo tipo de infraestrutura entre as fronteiras de todas a rexións.

Destinatarios

Os destinatarios deste fondo son os Estados membros e as súas rexións NUTS 2. A estratexia e o orzamento do fondo decídese entre os Estados, o Parlamento Europeo e a Comisión. Sobre esta base, os Estados elaboran programas operativos para un período de sete anos que son logo postos en práctica a nivel nacional por unha autoridade de xestión. O FEDER presta especial atención ás características de cada rexión, posto que son o destinatario final do fondo, deseñado para reducir os seus problemas socioeconómicos, estruturais e medioambientais e contribuír ao desenvolvemento sostible. Así mesmo, o fondo actúa nas zonas máis desfavorecidas por causas de catástrofes naturais e nas zonas máis periféricas.

Financiamento

Os recursos do FEDER canalízanse a través dos Estados membros e as súas rexións. A dotación financeira ascende a 185.374 millóns de euros, que se asignan ás distintas prioridades dependendo da categoría de cada rexión:


  • Nas rexións máis desenvolvidas, polo menos un 80% dos fondos asignados debe centrarse en dúas ou máis das catro áreas prioritarias que se mencionan anteriormente no apartado de eidos de actuación (innovación e investigación, programa dixital, apoio ás pemes, transición a unha economía baixa en carbono), e polo menos un 20% debe ir dirixido á cuarta área, a de economía baixa en carbono;


  • Nas rexións en transición establécese un mínimo do 60% dos fondos a nivel nacional para asignalos a dúas ou máis das catro áreas prioritarias e polo menos o 15% debe ir dirixido á cuarta área, a de transición cara unha economía baixa en carbono;


  • Nas rexións menos desenvolvidas o requisito é que un mínimo do 50% dos fondos asignados deben destinarse a dúas ou máis das catro áreas prioritarias e polo menos un 12% á área de economía de baixas emisións de carbono;


  • Por último e xa que o FEDER presta especial atención ás características de cada rexión, polo menos un 5% dos recursos deste fondo está reservado a reducir os problemas das áreas urbanas e se centra no desenvolvemento sostible, grazas ás “accións integradas” xestionadas polas cidades.


Galicia recibe 1.956,9 millóns de euros dos fondos FEDER. Destes, 898,4 son xestionados pola Xunta de Galicia e 1073,5 pola Administracion Xeral do Estado. Dos fondos xestionados pola Xunta, 883,4 millóns enmárcanse dentro do Programa Operativo do FEDER Galicia.

Comentarios

As entidades que desexen presentar proxectos para ser subvencionados polo FEDER teñen que poñerse en contacto coa autoridade de xestión designada polo seu Estado membro. No caso de Galicia, trátase da Consellería de Facenda, e concretamente, a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.


Ademais das disposicións comúns do FEDER, este implementar se nos estados membros a través de diferentes programas operativos. No caso de Galicia, existe un programa operativo FEDER que xestiona a maior parte dos fondos xestionados pola Xunta de Galicia. A maiores, existen unha serie de programas plurirrexionaIs a través dos que se canalizan os fondos xestionados pola Administración Xeral do Estado. Os programas plurregionales son:


  • Crecemento sostible


  • Crecemento integrador


  • Crecemento PEME

Enlaces de Interese

Contacto

Comisión Europea. Dirección Xeral de Política Rexional (DG REGIO)
Communication Unit
BU-1 00/14
B-1049 Bruselas (Bélgica)

Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
Dirección General de Fondos Comunitarios
Paseo de la Castellana, 162
E-28046 Madrid
fondoscomunitarios@sepg.minhap.es

Consellería de Facenda. Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos
San Caetano, s/n - 15781 Santiago
dxfondos@conselleriadefacenda.es

Convocatorias

Pechadas

Asistencia plurirrexional para la avaliación das posibilidades de utilización dos instrumentos financeiros FEDER-FSE-FEADER

30/04/2015 - Convocatoria do ano 2015 do procedemento de concesión de subvencións destinadas a fomentar a cooperación rexional en investigación e desenvolvemento (Programa FEDER Innterconecta).

17/11/2015 - Primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI), cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

17/12/2015 - Accións urbanas innovadoras

29/04/2016 - FEDER INNTERCONECTA

07/10/2016 - Segunda convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado – PO FEDER Crecemento Sustentable 2014-2020

12/12/2016 - Segunda convocatoria da iniciativa Accións Urbanas Innovadoras

30/05/2018 - Axuda para medidas de información no ámbito da política de cohesión da UE

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante