Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Programa de sensibilización e educación para o desenvolvemento (DEAR)

Duración

Non consta.

Obxectivos

O Programa DEAR é desenvolvido, fundamentalmente, a través de accións implementadas por actores non estatais e autoridades locais na UE e en Estados candidatos. Os seus obxectivos son:


-Informar ós cidadáns e cidadás da Unión sobre cuestións de desenvolvemento e fomentar a sensibilización e a comprensión do desenvolvemento global, así como o recoñecemento da interdependencia.


-Mobilizar o apoio do gran público de cara a accións contra a pobreza e relacións máis xustas entre Estados en desenvolvemento e Estados desenvolvidos.


-Cambiar actitudes e ofrecer ó público europeo ferramentas coas que poidan comprometerse criticamente cos desenvolvementos globais e apoiar a emerxencia de novas ideas e cuestións de desenvolvemento.


Eidos de actuación

-Apredizaxe global, coa finalidade de promover o coñecemento e as competencias para ter máis contacto coas cuestións de desenvolvemento, a través do uso de metodoloxías educativas que empregan a participación e as experiencias, xa sexa dentro ou fora do sistema formal de educación.


-Defensa e loita, onde o obxectivo é apoiar o compromiso cidadán e a loita por políticas máis sustentables, estruturas políticas e económicas e prácticas individuais en relación co desenvolvemento global.

Destinatarios

Depende da convocatoria, pero en xeral organizacións da sociedade civil e entidades asociadas a elas.

Financiamento

Non consta.

Convocatorias

Pechadas

01/04/2016 - Apoio a proxectos de sensibilización do público en xeral e á
promoción da educación nos países membros da Unión Europea
sobre a cooperación ó desenvolvemento- EuropeAid/151103/C/ACT/MULTI

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante