Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Fondo Europeo de Desenvolvemento (FED)

Base Legal

Anexo I do Acordo de Asociación entre os Estados de África, Caribe e Pacífico por unha banda e A Comunidade Europea e os seus Estados Membros por outra. Asinado en Cotonou o 23 de xuño de 2000, entrou en vigor o 1 de abril de 2003 tras un longo proceso de ratificación. Acordo Interno (10º FED) OJEU L 247/32 publicado o 9 de setembro de 2006.

Duración

2014-2020

Obxectivos

Achegar axuda comunitaria á cooperación ao desenvolvemento aos Estados ACP e aos países e territorios de ultramar (PTU).

Eidos de actuación

As prioridades do FED, que loxicamente coinciden coas prioridades comunitarias para o financiamento do desenvolvemento, van dirixidas a conseguir a redución da pobreza e concéntranse en:


-Comercio e integración rexional
-Infraestruturas de base: transporte e servizos de comunicación, acceso a auga, enerxía e saneamento
-Sanidade
-Educación
-Desenvolvemento rural e seguridade alimentaria
-Bo goberno e apoio macroeconómico e institucional


Os fondos xestionados pola Comisión (axuda non reembolsable) encádranse en os Programas Estratéxicos de cada país e rexión, en forma de apoio orzamentario directo, sectorial e global, e apoio a proxectos e programas. Tamén existe axuda non programable para situacións de emerxencia.


A Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER) informa de licitacións e adxudicacións con cargo aos fondos FED.


O Fondo da Facilidade do Investimento, xestionado por Banco Europeo de Investimentos (BEI), ten como obxectivo o fomento do sector privado na área ACP e materialízase a través de préstamos, participacións en capital, operacións de garantía e subvencións de tipo de interese préstamos. Tamén destina fondos a iniciativas globais como a condonación da débeda e a creación de infraestruturas transnacionais. Os principais sectores de operacións son o financeiro, industria e minería, enerxía e auga.


Destinatarios

78 países de África, Caribe e Pacifico. Ademais cobre os 20 Países e Territorios de Ultramar –PTU- (dos cales 12 son británicos, 6 franceses e 2 dos Países Baixos).

Financiamento

30.506 Millóns de Euros
A contribución de España á 11º FED (2014-2020) está cifrada en 2.419,882 millóns de euros, é dicir un 7,93% dos 30.506 millóns achegados polos Estados Membros


Comentarios

Con respecto aos fondos xestionados polo Comité FED, o órgano xestor é a Comisión Europea (en conxunción cos Estados Membros). Concretamente, o órgano competente é a DG EuropeAid, Desenvolvemento e Cooperación (DEVCO), Dirección E (África sub-sahariana e Asuntos horizontais ACP)
No caso dos fondos xestionados polo EU-Africa ITF, a xestión corresponde ao Banco Europeo de Investimentos.


Enlaces de Interese

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante