Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

Instrumento Europeo de Veciñanza

Base Legal

Regulamento 232/2014 do Parlamento Europeo e do Consello


Duración

2014-2020

Obxectivos

O Instrumento Europeo de Veciñanza (ENI) é o instrumento financeiro da Política Europea de Veciñanza (PEV). Vai dirixido aos países socios da PEV, e propón Asistencia Técnica e Financiamento para os procesos de fortalecemento da gobernanza e do desenvolvemento económico e social equitativo. O ENI apoia tamén a cooperación transfronteiriza e interregional, así como a integración económica progresiva na UE dos países beneficiarios.

Eidos de actuación

O obxectivo xeral da Política Europea de Veciñanza é avanzar cara á construción dunha área de prosperidade e boa veciñanza cos países socios da fronteira este e fronteira sur da UE, desenvolvendo unha relación especial baseada na cooperación, a paz e a seguridade.


As prioridades principais para o apoio da UE atópanse nos “Plans de Acción” asinados cos países-veciños ou “Documentos de acordo Conxunto equivalentes”.


Co fin de dispoñer dun instrumento financeiro que acompañase á Política Europea de Veciñanza creouse a Facilidade de Investimentos da Veciñanza (FIV).


Destinatarios

Alxeria, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Exipto, Xeorxia, Israel, Xordania, Líbano, Libia, República de Moldavia, Marrocos, Autoridade Palestina, Siria, Tunes e Ucraína.

Financiamento

15.432,634 millóns €

Comentarios

O que fai a este instrumento máis efectivo é que a asistencia aos veciños:


-Busca ser máis rápida e máis flexible
-Ofrecerlles incentivos a quen mellor aproveiten o ofrecido. Máis por máis
-Centrarse nun enfoque centrado en políticas
-Permitir maior diferenciación, sabendo onde terán maior impacto os fondos
-Apuntar a unha responsabilidade mutua

Tambien busca fomentar contactos máis próximos entre a UE e os países socios para permitir aos seus cidadáns participar en programas internos da UE. Sendo especialmente relevante o aspecto de unión coa sociedade civil.


Enlaces de Interese

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante