Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EUROPA CREATIVA

Base Legal

Regulamento (UE) nº 1295/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2013 polo que se establece o Programa Europa Creativa (2014 a 2020) e se derrogan as Decisións nº 1718/2006/CE, nº 1855/2006/CE nº 1041/2009/CE.

Duración

2014-2020

Obxectivos

• Apoiar a capacidade dos sectores cultural e creativo europeos de operar de xeito transnacional e internacional;

• Promover a circulación transnacional das obras culturais e a mobilidade transnacional dos axentes culturais e creativos, en particular os artistas, así como chegar a audiencias novas e máis amplas, e mellorar o acceso ás obras culturais e creativas na Unión e fóra dela.

• Reforzar a capacidade financeira das pemes así como das pequenas e medianas organizacións dos sectores cultural e creativo de forma sostible.

• Estimular a elaboración de políticas, a innovación, a creatividade, o desenvolvemento de audiencia e os novos modelos de negocio e de xestión, mediante o apoio á cooperación política transnacional.

Eidos de actuación

O programa consta de dous subprogramas (MEDIA e Cultura) e dun capítulo
intersectorial.


Subprograma MEDIA: pretende reforzar a capacidade do sector audiovisual europeo para operar de modo transnacional, a través das seguintes liñas de apoio:

  • Desenvolvemento: a través dunha contribución económica, dá apoio ás empresas de produción durante o proceso de escritura de obras de distintos xéneros (ficción de cine ou televisión, documentais de creación, animación e multimedia). Existen tamén axudas á coprodución de proxectos entre compañías de distintos países europeos.

  • Formación: ofrece unha formación continua para profesionais financiando a empresas ou entidades de formación que organizan cursos para eles. Tamén se financian actividades centradas na mellora do coñecemento dos espectadores europeos en materia audiovisual.

  • Distribución: establecemento e reforzo de sistemas de apoio á distribución de obras europeas, incluíndo axudas a axentes de vendas e salas de cine que traballen pola promoción e comercialización de películas europeas. Existe así mesmo un sistema de apoio á difusión televisiva que busca fomentar a circulación de obras televisivas e a cooperación entre operadores de distintos países europeos.

  • Promoción: apoia aos festivais, aos mercados audiovisuais e ás redes de cooperación que se establecen entre eles para animar a promoción e circulación das obras europeas. Co fin de favorecer o acceso dos produtores independentes a estes eventos, tamén financia aqueles organismos que establezan estruturas que faciliten a súa participación.

  • Exhibición: búscase facilitar a transición dixital das salas de cine que proxectan películas europeas a través do financiamento dos custos vinculados á adquisición dun proxector dixital.


As convocatorias do subprograma MEDIA diríxense a produtores (tanto para proxectos individuais como colectivos), axentes de ventas, distribuidores (entre outros, para a difusión de películas doutros Estados membros e para video on demand), exhibidores, organizadores de festivais, organizadores de eventos promocionais, entidades que ofrecen formación profesional neste ámbito, coproducións internacionais (socios de UE e de terceiros Estados). Por primeira vez fináncianse estudos para ampliar ou acadar novos nichos de audiencia Na selección dos proxectos, préstase especial atención á competitividade, diversidade cultural, valor engadido, complementariedade e a innovación.


2. Subprograma Cultura: co fin de potenciar o sector cultural europeo, apoia as seguintes actividades:

  • Proxectos de cooperación europea: apoia a capacidade das industrias culturais e creativas para operar a nivel internacional a través da financiación de actividades que promovan a mobilidade e a circulación de obras, artistas e axentes culturais e creativos (exposicións, festivais, estudos de desenvolvemento de audiencias, accións de formación e capacitación, etc.).

  • Proxectos de tradución literaria: financia a tradución e promoción de obras de ficción europeas (novela, poesía, cómic, teatro...) de alto valor literario.
    As traducións de obras –en papel ou en formato dixital- deben implicar dúas linguas que sexan oficiais en polo menos dous Estados membros da UE ou
    do Espacio Económico Europeo. Tamén se aceptan as traducións do latín e o grego cara unha lingua oficial na UE. Por outra parte, as axudas á tradución
    literaria engloban tamén a promoción da obra concreta noutros países, pero non a promoción xeral das culturas e linguas.

  • Redes europeas: está dirixida a grupos estruturados do sector das industrias culturais e creativas, que engloben entidades de distintos Estados membros, con personalidade xurídica e unha traxectoria mínima de dous anos. Deste modo, preténdese reforzar a capacidade das redes para operar a nivel europeo e global, adaptándose aos cambios e creando un efecto vertebrador e integrador.

  • Plataformas europeas: ten como obxectivo aumentar a mobilidade, a visibilidade e o recoñecemento dos artistas, especialmente os emerxentes, a través do fomento de coproducións, xiras internacionais, eventos, exposicións e festivais.


3. Capítulo intersectorial: o programa destina 121 millóns de euros, a través do Banco Europeo de Investimentos, ao Instrumento de Garantía Financeira, que será operativo desde 2016 e facilitará o acceso dos pequenos operadores culturais aos préstamos bancarios. Ademais, este capítulo financia:

  • Proxectos piloto que establezan lazos entre os diferentes sectores culturais e creativos.

  • Estudos, enquisas estatísticas e avaliacións que inclúan a medición de todos os aspectos da repercusión do programa.

  • As oficinas Europa Creativa (Creative Europe desks) nos Estados membros, co fin de ofrecer información sobre o programa, axudar aos sectores culturais e
    creativos, estimular a cooperación transfronteiriza e dar apoio á Comisión. En España, están situadas en Madrid, Barcelona, Sevilla e San Sebastián.

Destinatarios

As entidades que poden acceder ao financiamento poder ter ou non ánimo de lucro, pero os seus proxectos non poderán telo.
Europa Creativa non está aberta a solicitudes de particulares, pero ao redor de 250.000 artistas individuais e profesionais da cultura e o ámbito audiovisual
recibirán financiamento a través de proxectos presentados por organizacións culturais.
En cuanto á área xeográfica, Europa Creativa está tamén aberta aos países candidatos á UE, aos países da Asociación Oriental e aos da conca mediterránea.
Por outra parte, existe a posibilidade de celebrar acordos bilaterais co resto de Estados, así como con organizacións internacionais activas nos sectores cultural
e creativo, tales como a Unesco, o Consello de Europa, a OCDE ou a OMPI (Organización Mundial da Propiedade Intelectual).

Financiamento

Conta cun orzamento de 1.460 millóns de euros para o período 2014-2020, o que supón un incremento do 9% en relación cos programas anteriores. Esta dotación distribúese do seguinte xeito entre os tres subprogramas:


CULTURA: 454 millóns de euros (31% do total).
MEDIA: 823 millóns de euros (56% del total).
Capítulo intersectorial: 183 millóns de euros (13% do total).


Comentarios

A Comisión Europea adopta programas de traballo anuais nos que se inclúen os obxectivos e prioridades de financiamento, a forma de execución, o importe dispoñible e unha descrición das medidas que vaian financiarse.
As convocatorias do programa son xestionadas pola Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA). As oficinas Europa Creativa
nacionais, pola súa parte, ofrecen información aos interesados.
A Comisión Europea conta con financiar cada ano arredor de 100 proxectos de cooperación europea, 60 proxectos de tradución literaria, 25 redes europeas
e 10 plataformas.

Enlaces de Interese

Contacto

Punto de Contacto do programa Europa Creativa en España (subprograma Cultura)
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Dirección General de Política e Industrias Culturales y del Libro
Augusto Paramio / Tamar Lavado
Praza do Rei 1. 28004 Madrid
pcc.cultura@mecd.es
91 701 71 15


Enlace en Galicia
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Mar Nogueira Sánchez
Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º andar. 15781 Santiago de Compostela
mar.nogueira@xunta.es
881 99 50 21

Convocatorias

Pechadas

EAC/S16/2013 - Proxectos de cooperación europea no ámbito da cultura

21/03/2014 - Convocatoria de proxectos de investigación en Patrimonio Cultural: “Heritage Plus Call”

12/06/2014 - “Cultura para Cidades e Rexións” - Apoio a intercambios culturais entre cidades e rexións para o desenvolvemento urbano e rexional

31/07/2014 - EAC/S16/2014 – Promoción da integración europea a través da cultura, proporcionando novas versións subtituladas de programas de televisión seleccionados de toda Europa

05/11/2014 - Convocatoria de propostas: Apoio ao acceso aos mercados MEDIA. EACEA/29/2014

28/11/2014 - Convocatoria de propostas Tradución literaria EACEA 46/2014

23/01/2015 - EACEA 06/2015: Apoio para o desenvolvemento de videoxogos europeos

05/02/2015 - Convocatoria de propostas no marco do programa EUROPA CREATIVA. ´Support for Audience Development´ pretende apoiar proxectos europeos nos eidos das artes e da educación cultural EACEA 2015

14/12/2015 - Subvencións para o desenvolvemento de videoxogos europeos - EACEA 20/2015

04/02/2016 - Apoio á formación - EACEA/06/2016

12/02/2016 -

Apoio á distribución de películas europeas non nacionais: «Cinema automático» - EACEA/09/2016

07/03/2016 -

Sub-programa Cultura: Proxectos de tradución literaria - EACEA 13/2016

09/03/2016 -

Apoio á integración dos refuxiados - EACEA 12/2016

11/04/2016 -

Apoio ás redes de salas cinematográficas - EACEA/10/2016

12/04/2016 - Apoio á distribución de películas europeas non nacionais: «Axentes de vendas» - EACEA/01/2016

19/04/2016 - Apoio á distribución online 2016 - EACEA/11/2016

05/05/2016 -

Apoio a unha acción preparatoria para crear un premio Festival da UE e un selo Festival da UE no ámbito da cultura - EFFE (Europa dos Festivais - Festivais para Europa) - EAC/S05/2016

23/09/2016 - Subprograma MEDIA 2016: Apoio á distribución de películas non nacionais - A distribución de Cinema selectivo - EACEA/19/2016

23/09/2016 - Subprograma MEDIA: Apoio ao desenvolvemento de contidos de proxectos individuais - EACEA/20/2016

23/09/2016 - Subprograma MEDIA 2016: Subvencións á programación televisual de obras audiovisuais europeas - EACEA/23/2016

27/09/2016 - Subprograma Cultura: Apoio a proxectos de cooperación europea - EACEA/45/2016

29/09/2016 - Subprograma MEDIA: Subvencións a festivais de cinema - EACEA/16/2016

18/10/2016 - Subprograma Cultura: Apoio ás redes europeas - EACEA 39/2016

09/12/2016 - Subprograma MEDIA 2017 – Educación cinematográfica - EACEA 25/2016

20/12/2016 - Subrprograma MEDIA 2017: Apoio ao desenvolvemento dos videoxogos europeos - EACEA 22/2016

06/02/2017 - Subprograma MEDIA 2017: Fondos de apoio á coprodución internacional - EACEA 24/2016

07/02/2017 - Subprograma CULTURA: Apoio a plataformas europeas - EACEA 06/2017

07/06/2017 - Apoio aos axentes de vendas internacionais de películas cinematográficas europeas

03/07/2017 - Convocatoria de propostas EACEA 15/2017_ Apoio a proxectos de tradución literaria

13/11/2017 -

14/11/2017 -

20/11/2017 - Convocatoria de proposta do subprograma Cultural 2017 – Apoio ao desenvolvemento de contido audiovisual de proxectos individuais

21/11/2017 - Convocatoria EUROPA CREATIVA -  Apoio á distribución de películas non nacionais

13/12/2017 - Support for European Cooperation Projects 2018 (EACEA 35/2017 and EACEA 32/2017)

02/03/2018 -

20/03/2018 -

27/03/2018 - Convocatoria de propostas EACEA 13/2018: Apoio a proxectos de tradución literaria

16/10/2018 -

31/10/2018 - EACEA/31/2018: Soporte ó acceso ós mercados

17/12/2018 -


17/12/2018 - EACEA 26/2018: Soporte ós fondos de coprodución internacionais

17/12/2018 - EACEA 24/2018: Subvencións para o desenvolvemento de videoxogos europeos 

17/12/2018 -

30/05/2019 - Tender pontes entre contidos culturais e audiovisuais a través da tecnoloxía dixital 

02/08/2019 -

02/10/2019 - Proxectos de cooperación europea 2019


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante