Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Base Legal

Regulamento 390/2014 do Consello polo que se establece o programa Europa cos Cidadáns para o período 2014-2020

Duración

2014 – 2020

Obxectivos

• Sensibilizar sobre a memoria histórica e sobre a historia, a identidade e as metas da Unión estimulando o debate, a reflexión e a creación de redes;

• Estimular a participación democrática e cívica dos cidadáns a nivel da Unión facendo que comprendan mellor o proceso de elaboración das políticas e promovendo oportunidades de compromiso social e voluntariado a nivel da Unión.

Eidos de actuación

O programa consta de dous capítulos e unha acción horizontal:

• Capítulo 1: Memoria histórica e cidadanía europea;

• Capítulo 2: Compromiso democrático e participación cidadá;

• Acción horizontal: de análise, difusión e aproveitamento dos resultados dos proxectos realizados no marco de ambos capítulos;

A través de subvencións e contratos públicos, o programa financia os seguintes tipos de accións:

• Reunións de cidadáns, irmandamento de cidades;

• Creación e funcionamento de asociacións e redes transnacionais;

• Apoio a organizacións de interese europeo xeral;

• Creación de comunidades e debates sobre aspectos cidadáns co apoio de TIC ou dos medios sociais;

• Actos a nivel europeo;

• Debates ou estudos e intervencións sobre fitos da historia europea, en particular co obxecto de manter viva a memoria dos crimes perpetrados baixo o nazismo e o estalinismo;

• Reflexión ou debates sobre os valores comúns;

• Iniciativas para sensibilizar sobre as institucións da UE e o seu funcionamento;

• Accións para aproveitar e valorizar os resultados das iniciativas respaldadas;

• Estudios sobre aspectos da cidadanía e da participación cívica;

• Apoio a estruturas de información e asesoramento sobre o programa nos Estados membros;

Destinatarios

O Programa está aberto a todas as partes interesadas que promovan a integración e a cidadanía europea, en particular as autoridades e organizacións locais e rexionais, os comités de irmandamento, as organizacións europeas de investigación sobre política pública (foros de reflexión), as organizacións da sociedade civil (incluídas as asociacións de sobreviventes) e as organizacións culturais, xuvenís, de ensino e de investigación.

Financiamento

229 millóns de euros, o que supón un 7% máis de orzamento en comparación co programa anterior. O 20% do orzamento dedícase ao capítulo 1 (histórica e cidadanía europea), o 68% á acción 2 (compromiso democrático e participación cidadá) e o 12% á acción horizontal.

Comentarios

O programa é xestionado pola Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura (EACEA). Pola súa banda, a Comisión adopta anualmente, tras consultar ao comité de xestión do programa, un programa de traballo no que se recollen as prioridades de financiamento para as convocatorias de cada ano.

Existe unha guía do programa 2014-2020 onde se detallan polo miúdo os procedementos de presentación e selección das solicitudes, as condicións financeiras e contractuais, e o calendario de presentación das propostas. Esta guía serve de convocatoria de propostas permanente.

Enlaces de Interese

Contacto

Punto Europeo de Cidadanía

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Augusto Paramio /Tamar Lavado

Plaza del Rey, 1

ES-28004 Madrid

Tel: +34/91 701 7466

Fax:+34/91 701 7219

E-mail: pec.cultura@mecd.es / augusto.paramio@mecd.es / tamar.lavado@mecd.es

Convocatorias

Pechadas

O compromiso democrático e a participación cidadá - Europa cos cidadáns

30/12/2015 - Irmandamento de Cidades - EACEA 36/2014

30/12/2015 - Redes de Cidades - EACEA 36/2014

30/12/2015 - Proxectos da Sociedade Civil - EACEA 36/2014

30/12/2015 - Memoria Histórica Europea 2016 - EACEA 36/2014

01/02/2017 - Redes de cidades 2017 - EACEA 36/2014

06/02/2017 - Irmandamento de Cidades 2017-EACEA 36/2014

06/02/2017 - Memoria Histórica Europea 2017 - EACEA 36/2014

06/02/2017 - Poxectos da Sociedade Civil 2017-EACEA 36/2014

22/01/2018 - Networks of Towns 2018 - Round 1 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante