Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

EUROSTARS

Base Legal

DECISIÓN Nº 553/2014/UE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 15 de maio de 2014 sobre a participación da Unión Europea nun programa de investigación e desenvolvemento, emprendido por varios Estados membros, destinado a apoiar ás PEME que realizan actividades de investigación e desenvolvemento.

Duración

2014-2020

Obxectivos

Eurostars é un programa europeo conxunto, cofinanciado polos orzamentos dos 34 países participantes en EUREKA e pola Unión Europea a través de Horizonte 2020.O programa foi coidadosamente desenvolvido para dar resposta ás necesidades específicas das PEME dedicadas ao I+D e que busca o desenvolvemento de novos produtos e servizos, facilitando o acceso a mercados internacionais, grazas á natureza transnacional do consorcio.
Eurostars-2 perseguirá os seguintes obxectivos:

  1. promover actividades de investigación que cumpran as seguintes condicións:

    • as actividades débense levar a cabo mediante a colaboración transnacional de PEMEs que realicen actividades de investigación e desenvolvemento entre si ou que inclúan a outros axentes da cadea da innovación (por exemplo, universidades, organizacións de investigación);

    • espérase que os resultados dunha actividade se introduzan no mercado nos dous meses seguintes á súa finalización;


  2. Incrementar a accesibilidade, eficiencia e eficacia do financiamento público das PEME en Europa mediante a coordinación, harmonización e sincronización dos mecanismos de financiamento nacionais dos Estados participantes;

  3. Fomentar e incrementar a participación de PEME sen experiencia previa no ámbito da investigación transnacional.

Destinatarios

Os proxectos Eurostars deben ser:

  • Transnacionais.
  • Iniciados e liderados por unha PEME.
  • Incluír polo menos entre dous e tres socios de diferentes países participantes.
  • Non durar máis de tres anos.
  • Nun prazo de dous anos tras a finalización, o produto de investigación debe estar listo para a súa comercialización.

Ademais para ser considerado apto débense cumprir os seguintes requisitos:

  1. PEME: as microempresas, pequenas empresas e medianas empresas, segundo a definición na Recomendación 2003/361/CE;

  2. PEME que cumpre polo menos unha das condicións seguintes:

    • reinviste polo menos o 10 % do seu volume de negocios en actividades de investigación e desenvolvemento;

    • destina polo menos o 10 % dos seus equivalentes a tempo completo a actividades de investigación e desenvolvemento;

    • ten polo menos cinco equivalentes a tempo completo (no caso das PEME con como máximo cen equivalentes a tempo completo) para actividades de investigación e desenvolvemento,

    • ten dez equivalentes a tempo completo (no caso das PEME con máis de cen equivalentes a tempo completo) para actividades de investigación e desenvolvemento.

    Financiamento

    1.114 millóns de euros

    Enlaces de Interese

    Contacto

    Oscar Fernandez Moyano
    National Project Coordinator
    Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
    Cid, 4
    28001 , Madrid
    tel: +34 91 581 5607
    oscar.fernandez@cdti.es

    Juana Sanchez Perez
    Project Officer
    Centre for the Development of Industrial Technology (CDTI)
    Cid, 4
    28001 , Madrid
    tel: +34 91 581 5607
    juana.sanchez@cdti.es

    Convocatorias

    Pechadas

    2ª Convocatoria de Eurostars-2

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante