Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa

COPERNICUS

Base Legal

Regulamento (UE) nº 377/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, de 3 de abril de 2014, polo que se establece o Programa Copernicus (programa da Unión de observación e vixilancia da Terra)

Duración

2014-2020

Obxectivos

Copernicus ten por obxecto proporcionar a Europa un acceso continuo, independente e fiable aos datos e á información que resultan da observación e vixilancia da terra. O investimento da UE pretende encher as lagoas neste ámbito de observación mediante o acceso aos recursos existentes e o desenvolvemento dos servizos operativos.

Eidos de actuación

Copernicus está estruturado en seis servizos de vixilancia: mariña, atmosférica, terrestre e máis os relativos ao cambio climático, a xestión de emerxencias e a seguridade civil.
En cada un destes servizos de vixilancia, o programa financiará o seguinte tipo de accións:

  • As actividades propias dos servizos de vixilancia;

  • Actividades de desenvolvemento tendentes a mellorar a calidade e o rendemento dos servizos operativos;

  • Actividades de apoio para favorecer a utilización dos servizos operativos por parte dos usuarios e das aplicacións derivadas, así como actividades de difusión e comunicación.

Destinatarios

O programa está aberto á participación de todos os Estados membros da UE, podendo establecerse acordos cos países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC), os países candidatos, así como os países candidatos potenciais e Suíza. Ademais, os terceiros países e as organizacións internacionais poderán proporcionar axuda financeira ao programa.

Financiamento

3.700 millóns de euros. Unha pequena parte do programa será executada mediante subvencións e contratación pública.

Enlaces de Interese

Contacto

Dirección Xeral de Empresa e Industria (DG ENTR)
Avenue d’Auderghem 45, 1040 Bruxelas. Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante